Os socialistas esixen amparo ás mulleres vítimas de violencia de xénero

Os socialistas esixen amparo ás mulleres vítimas de violencia de xénero

Os socialistas esixen amparo ás mulleres vítimas de violencia de xénero

Grupo SocialistaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle ao goberno galego medidas reais de prevención contra a violencia machista. No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, Acuña esixiu amparo para as mulleres vítimas de violencia que denuncian aos seus maltratadores e o incremento dos medios do goberno galego para loitar contra a lacra.

Acuña preguntoulle hoxe ao conselleiro da Vicepresidencia sobre as medidas do goberno galego para afrontar casos como o da muller de Verín asasinada a mans da súa parella mentres estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense. Denunciou que o goberno “invisibilice” estes caos que “tan só provocan minutos de silencio institucional”, ao contrario da “importancia e resposta que se lle da a outro tipo de terrorismo”.

Esixiulle explicacións ao conselleiro sobre o “abandono” diante dun caso como o do Hospital de Ourense e preguntoulle “se considera que o Hospital tería medios acaídos para protexer á vítima”. O conselleiro evitou responder sobre a dispoñibilidade de medios nas forzas de seguridade para garantir a supervivencia das vítimas.

Acuña presentou na súa intervención un comunicado que será presentado hoxe nunha concentración convocada por todo o feminismo galego diante dos xulgados para reclamar o “remate do feminicidio” e que lembra os casos das vítimas mortais rexistradas en Galicia.

Lembrou así a Isabel, a vítima do CHOU, ou os das demais vítimas mortais asasinadas durante o ano pasado, como María e Adela, vítimas dun dobre crime en Cervo, María Luisa, unha muller embarazada acoitelada en Vilaboa, Helena, de Foz, María Belén, de A Coruña, Sara, de Pazos de Borbén ou Mónica, asasinada a tiros pola súa parella.

En total foron medio cento de mulleres asasinadas en Galicia dende 2003, que se suman ás preto de 700 vítimas mortais en todo o Estado, e esixiulle ao conselleiro que explique “qué lle di a todas esas mulleres, qué pasou coa xustiza e as forzas de seguridade no caso de Isabel e por qué as vítimas de machismo seguen tan desprotexidas a pesares das leis nacional e autonómica”.

Acuña dixo que “recortando en educación, sanidade, igualdade e nos recursos para a loita contra a violencia de xénero non se mellora, lexislando contra os dereitos das mulleres tampouco, suprimindo Educación para a Cidadanía e substituíndoa por Relixión tampouco, e votando sistematicamente no Parlamento contra a recuperación do orzamento de loita contra a violencia”

A responsable socialista criticou que o goberno galego se teña negado sistematicamente tamén a facer un estudo pormenorizado dos casos nos que as mulleres son asasinadas logo de ter presentado denuncia e malia ter unha orde de protección en vixencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar