Os socialistas esixen á Xunta un plan de axudas para a actividade gandeira e agrícola en zonas despoboadas e con incendios

Os socialistas esixen á Xunta un plan de axudas para a actividade gandeira e agrícola en zonas despoboadas e con incendios

Os socialistas esixen á Xunta un plan de axudas para a actividade gandeira e agrícola en zonas despoboadas e con incendios

Pablo GarcíaOs socialistas galegos demandan ao Goberno da Xunta que impulse un plan de axudas para a actividade gandeira e agrícola en zonas prexudicadas polo despoboamento e os incendios forestais.

Nunha interpelación rexistrada na Cámara, o deputado Pablo García explica que “a actividade gandeira nas zonas desfavorecidas por despoboamento depende dos fondos da Política Agrícola Común (PAC), xa que o 40% dos ingresos das explotacións proveñen das axudas, tanto das directas como as destinadas ao desenvolvemento rural”.

Nas últimas semanas, produtores de gando vacún recibiron unha comunicación da Xunta anunciando a denegación de diversas axudas en concepto de indemnización polas dificultades naturais en zonas desfavorecidas de montaña.

O problema de fondo, afirma García, é a insuficiente dotación económica dunhas axudas aos produtores, das que Europa aporta o 75% dos fondos: “Segundo o censo de agricultores e gandeiros, nos próximos sete anos alcanzarán a idade de xubilación en Galicia nada menos que o 40%, estando previsto pola Xunta que no mesmo período se incorporen como altas apenas un 2,5% do censo do ano 2013”.

“A UE considera estas axudas como un pago aos produtores en concepto de servizos medioambientais e xestión sustentable do territorio, e considera igualmente que é máis barato para a sociedade pagar estas axudas que facer fronte ao custe do abandono do territorio, o lume e o resto de problemas medioambientais e sociais que supón”, manifesta o deputado socialista.

Polo estes motivos, o grupo do PSdeG quere que o Goberno Galego explique cantas axudas foron concedidas e en que cantidade nos conceptos mencionados, cantos beneficiarios sufriron unha diminución e que valoración fai a Consellería de Medio Rural e do Mar deste tipo de axudas.

As zonas desfavorecidas por despoboamento deben afrontar problemas derivados do abandono da actividade e do envellecemento. Os socialistas lembran que os incendios forestais nestas zonas constitúen unha problemática contra a cal a gandería extensiva ten un alto potencial de prevención, tal como considera a UE, aínda que ata o momento a Xunta unicamente considerou medidas represivas para resolver o problema.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar