Os socialistas esixen á Xunta “que poña fin ao ERE encuberto na sanidade galega” e convoque as 4.000 prazas que quedaron vacantes co PP

Os socialistas esixen á Xunta “que poña fin ao ERE encuberto na sanidade galega” e convoque as 4.000 prazas que quedaron vacantes co PP

Os socialistas esixen á Xunta “que poña fin ao ERE encuberto na sanidade galega” e convoque as 4.000 prazas que quedaron vacantes co PP

acuñaOs socialistas galegos esixiron hoxe no pleno do Parlamento que a Xunta do PP “poña fin ao ERE encuberto na Sanidade”, trate con respecto aos profesionais e convoque as 4.000 prazas que quedaron vacantes nos últimos anos “coas xubilacións forzosas e masivas aos 65 anos”.
Nunha moción presentada pola portavoz de Sanidade do PSdeG, Carmen Acuña, a deputada socialista lembrou que “o Goberno bipartito deixou establecido que cada dous anos se tiña que convocar para todas as categorías profesionais unha OPE”.
“O que fixeron vostedes é unha soa OPE en seis anos dividida por categorías e aínda sen resolver”, asegurou Acuña, “ou sexa que Feijóo en seis anos non incorporou a ninguén con praza en propiedade a través dunha OPE no sistema sanitario público”.
Os socialistas consideran que “existe un grave conflito cos profesionais da sanidade e pedimos unha vez máis o número de persoas xubiladas na sanidade publica nestes anos, o número de prórrogas solicitadas e concedidas e a porcentaxe de persoal eventual contratado para cubrir esas vacantes”.
“Temos que evitar o total desmantelamento do sistema e pedimos a cobertura sistemática das ausencias pola duración completa das mesmas, facendo desaparecer eses contratos precarios de días ou horas, parece mentira pero demandamos condicións laborais dignas”, dixo Acuña.
“Non sei como pensan explicarlle aos eventuais que mentres Rajoy permite un 10% de taxa de reposición, Feijoo confórmase cun 3%, ou que contratan só a unha persoa por cada 28 que xubilan”, engadiu a socialista, que lamentou que “os recortes están repercutindo moi negativamente no sistema cun deterioro na cantidade, por non cubrir adecuadamente as vacantes, e na calidade, por prescindir de profesionais moi cualificados”.
“A política de recursos humanos do Sergas é lamentable, cun dano maior nas zonas rurais, con contratos eventuais e por horas que son intolerables”, rematou Acuña, aínda que o PP votou en contra da moción en defensa dunha sanidade pública de calidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar