Os socialistas esixen á Xunta que faga pública a denuncia presentada ante o xulgado pola fraude nos cursos de formación, pero o PPdeG vota en contra

maria quintas pleno A deputada socialista María Quintas solicitou hoxe no pleno do Parlamento á Xunta de Galicia que faga pública a denuncia presentada ante o xulgado pola fraude nos cursos do formación, pero o PPdeG negouse.
A documentación do sumario do caso deixa claro que a denuncia da Xunta foi posterior a de dúas traballadoras, pero o Partido Popular votou en contra esta tarde de trasladar aos grupos parlamentarios a denuncia. “Ao goberno galego non lle gusta nada ensinar os papeis, como xa pasou coa misteriosa desaparición dos contratos do Sergas coas empresas de Marcial Dorado”, afirmou María Quintas.
Quintas demandou tamén os requerimentos de documentación dos órganos xudicios ao goberno galego, a correspondencia mantida entre ambas partes e una copia das resolucións de concesión de axudas a todas as empresas vinculadas coa trama desde 2009.
O PPdeG minte desde un primeiro momento ao afirmar que a denuncia partiu da Xunta, una afirmación que é rotundamente falsa, tal e como constatou a investigación xudicial. “A investigación policial fala de financiamento irregular do Partido Popular e de pagos a esta formación por parte das empresas da trama”, aseverou.
“Esta moción fala de emprego e formación, e resulta que hoxe vimos como Galicia volve a ser punteira no incremento do desemprego”, engadiu a deputada socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar