Os socialistas esixen á Xunta “que devolva ao profesorado a súa dignidade laboral e profesional” si como o PP afirma “a recuperación económica chegou para quedarse”

Os socialistas esixen á Xunta “que devolva ao profesorado a súa dignidade laboral e profesional” si como o PP afirma “a recuperación económica chegou para quedarse”

Os socialistas esixen á Xunta “que devolva ao profesorado a súa dignidade laboral e profesional” si como o PP afirma “a recuperación económica chegou para quedarse”

manifestación ensinoO portavoz de Ensino dos socialistas, Vicente Docasar, esixiulle hoxe á Xunta no pleno “que devolva ao profesorado a súa dignidade laboral e profesional” si como o PP afirma “a recuperación económica chegou o fixo para quedarse”

“Os docentes perderon un 30% do seu poder adquisitivo e o investimento en educación por habitante pasou de 860 a 670 euros durante a presidencia de Feijóo”, asegurou Docasar nunha pregunta oral ao conselleiro Jesús Vázquez. “O papel do profesorado é a clave para a boa marcha dun sistema educativo, e este colectivo viu como se lles arrebataban dereitos conseguidos co esforzo de décadas”, manifestou o deputado socialista, que lembrou o progresivo deterioro “das instalacións e os materiais didácticos dos seus centros”.

En opinión de Docasar, “o PP afirma un día si e outro tamén que a recuperación económica chegou e que chegou para quedarse definitivamente, e queremos pensar que esas manifestacións están baseadas na realidade e no rigor”. “De ser así, demandamos que a Xunta repoña as condicións laborais e profesionais arrebatadas ao colectivo docente durante a crise económica”, aseverou.

O socialista aproveitou a súa pregunta para dar voz a diferentes persoas representativas da comunidade educativa galega, e así trasladoulle a petición dunha profesora viúva e con dous fillos na universidade sobre si “ela recuperará a súa paga dobre no mes de decembro agora que chegou a recuperación económica”.

Tamén lle trasladou as demandas de directores e directoras de varios centros “que coñeceron o decreto de Primaria e o decreto da FP Básica un día antes do inicio das clases, profesores e profesoras que están afectados polo caótico concurso de traslados e queren saber que pasará con eles”, o dunha opositora que quixera saber se no próximo verán a Xunta convocará oposicións, ou o caso dunha nai do Colexio Isaac Díaz Pardo de Culleredo que aproveitou para pedirlle ao conselleiro, por medio de Docasar, “que atenda a xusta petición de dotar ao citado colexio con media praza de Pedagoxía Terapéutica e outra media de Audición e Linguaxe”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar