Docasar esixe á Xunta que cumpra os acordos do Parlamento sobre o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno

Docasar esixe á Xunta que cumpra os acordos do Parlamento sobre o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno

Docasar esixe á Xunta que cumpra os acordos do Parlamento sobre o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno

Os socialistas galegos rexistraron no Parlamento unha serie de iniciativas para que a Xunta diga cando ten previsto cumprir o acordo unánime de febreiro de 2013 sobre o denominado Camiño de Inverno.

“O presidente Feijóo incumpriu o mandato do Parlamento, que por unanimidade dos grupos lle requiriu o 5 de febreiro de 2013 que, nun prazo de seis meses, oficializase o Camiño de Inverno coa publicación no DOG e iniciase os traballos de sinalización”, asegura o deputado Vicente Docasar.

O Camiño de Inverno atravesa as bisbarras do Bierzo de Valdeorras, a Ribeira Sacra Lucense e do Deza, nun percorrido que comeza en Ponferrada e transcorre ata Lalín, onde empata coa Vía da Prata para continuar ata Santiago.

Dita ruta é denominada de inverno porque, segundo consta en diversa documentación, era unha alternativa ó Camiño Francés cando as inclemencias do tempo, especialmente as neves do inverno, impedían o percorrido polo Cebreiro. Os 15 concellos polos que discorre son os seguintes: O Barco, Vilamartín, Petín e A Rúa, en Valdeorras; Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Sober, O Saviñao e Chantada, na Ribeira Sacra lucense; e Rodeiro e Lalín, no Deza.

“Unha vez máis, queda claro que non vale a palabra deste goberno e do seu presidente”, afirma Docasar, “por iso levamos de novo o tema ao Parlamento e xa é a terceira vez nesta lexislatura”.

Os socialistas engaden que a declaración oficial desta ruta de peregrinación, unha reivindicación social e política que data xa do ano 1999, cando se creou a Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, supoñerá “un importante revulsivo económico” para os municipios polos que pasa, sobre todo para o sector servizos, “algo vital nunha zona moi deprimida economicamente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar