Os socialistas esixen á Xunta que cumpra a lei e impulse accións en materia de “prevención, protección e reinserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero”

Os socialistas esixen á Xunta que cumpra a lei e impulse accións en materia de “prevención, protección e reinserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero”

Os socialistas esixen á Xunta que cumpra a lei e impulse accións en materia de “prevención, protección e reinserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero”

mesaOs socialistas galegos esixen á Xunta do PP e ao Goberno central que cumpran a lei vixente en materia de violencia de xénero e recupere as iniciativas impulsadas polo PSOE para “a prevención, protección e reinserción laboral das mulleres vítimas desta lacra”.

Os socialistas celebran hoxe en Santiago a segunda xornada de debate Violencia de xénero. Dez anos despois, dentro dun ciclo de conferencias e mesas redondas que comezou en outubro para falar da importancia desta Lei integral e do avance que supuxo, así como destacar os atrasos que se están a levar a cabo por parte dos Gobernos do PP.

“Para que unha lei funcione, o Goberno ten que crer nela e orzamentar os fondos necesarios”, asegurou na inauguración da xornada Eva Martínez, secretaria de Igualdade da Executiva galega do PSdeG. “Co obxectivo de conmemorar estes dez anos dende a aprobación da Lei, así como de destacar o avance que supuxo nos dereitos das mulleres, estamos a promover unha serie de iniciativas dirixidas a informar, analizar e, en definitiva, situar como cuestión de máxima prioridade a violencia contra as mulleres e a súa erradicación”, afirmou.

Á marxe de demandar ao Partido Popular o cumprimento da lei estatal, os socialistas galegos presentaron no Parlamento hai uns días emendas aos Orzamentos da Xunta para o ano 2015 en materia de Igualdade por un importe de case un millón de euros.

Entre as modificacións que plantexan os socialistas nos orzamentos autonómicos destacan unha serie de partidas dirixidas a incrementar a presenza das mulleres no eido laboral, facendo especial fincapé no cooperativismo, que no caso de Galicia é de especial importancia no ámbito rural.

Nas diferentes mesas redondas de hoxe participan deputadas socialistas, avogadas, psicólogas, médicas forenses e policías. Pola tarde, desde as oito, Juventudes Socialistas de España e Xuventudes Socialistas de Galicia entregarán os Premios Violeta, nun acto ao que asistirá o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar