Os socialistas esixen á Xunta que asine o convenio para o arranxo da estrada que une Ordes e Cerceda por Mercurín

Os socialistas esixen á Xunta que asine o convenio para o arranxo da estrada que une Ordes e Cerceda por Mercurín

Os socialistas esixen á Xunta que asine o convenio para o arranxo da estrada que une Ordes e Cerceda por Mercurín

Os deputados Silvia Fraga Santos e Xoaquín Fernández Leiceaga, presentaron, xunto ao Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Ordes, Jesús Pedreira, varias iniciativas parlamentarias instando ao Goberno galego a que realice as xestións necesarias para a firma inmediata do convenio para comezar a execución das obras da estrada que une Cerceda e Ordes por Mercurín no prazo de 2 meses. As mesmas proposicións non de lei reclaman á Xunta que a suma a titularidade da vía.

Segundo os parlamentarios asinantes, a estrada é unha vía de comunicación fundamental para os habitantes dos dous concellos. Xustifican esta afirmación en que a de Mercurín é a vía que maioritariamente empregan os veciños de ambas poboacións para desprazarse entre as dúas localidades, por ser o traxecto máis corto, “a vía de comunicación natural”, engade Fraga Santos.

Ademais, continúan, “une os dous polígonos industriais da zona, o de Acevedo, en Cerceda e o polígono de Merelle, en Ordes, polo cal é fundamental para o desenvolvemento económico da zona”, lembrou Leiceaga.

Jesús Pedreira e os deputados socialistas acompañaron aos medios de comunicación a constatar na propia vía “o gran deterioro” que sufre a estrada, dixo o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Ordes, “ao cal ten contribuído a que se teñen producido varios accidentes de circulación nos que tivemos que lamentar a perda de vidas”, dixo.

A pesares do parcheo levado a cabo polo Concello de Ordes en semanas pasadas, os representantes socialistas denuncian que “o estado do firme é lamentable”. Silvia Fraga, Leiceaga e Pedreira conclúen que a estrada non reúne as condicións esixibles a unha vía que soporta a cantidade de tráfico como a que circula por este enlace entre as capitais de ambos concellos.

Lembran que todos os camións que transportan RSU para o vertedoiro de Areosa, dependente de SOGAMA, empregan esta estrada. A súa grande tonelaxe contribúe dun xeito definitivo ao deterioro dun firme que non está preparado para este tránsito constante de vehículos de gran tonelaxe.

Os deputados e o portavoz local socialistas afirman que, para o arranxo desta vía, de aproximadamente nove kilómetros de lonxitude, que atravesa os lugares de A Portela, Pedre, O Cruceiro, Bailia e Vilasenín, hai un proxecto que contempla ampliala ata acadar un ancho total da plataforma de 10 metros, con arcéns de metro e medio a cada lado.

Isto melloraría tamén a seguridade vial en xeral e, en particular para os peóns, evitando así a tráxica perda de vidas humanas que xa se ten producido ao longo do pasado ano 2011.

Así mesmo este proxecto inclúe a mellora do firme da estrada, que pasaría a ter unha categoría especial para soportar tráfico pesado.

Este proxecto e a financiación do arranxo da estrada que une Cerceda e Ordes está incluída no Plan Miner, o importe do mesmo é de 2,8 millóns de euros.

A súa execución está pendente da firma dun Convenio entre o Concello de Ordes, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. A iniciativa socialista pretende que se axilice a sinatura do mesmo para acabar co calvario dos moitos usuarios desta estrada, así como co risco que supón circular por ela, tanto para os peóns como para os vehículos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar