Os socialistas esixen á Xunta que aproveite o “efecto dinamizador” das obras públicas sobre o emprego e deixe atrás “a propaganda e os orzamentos minguantes”

Os socialistas esixen á Xunta que aproveite o “efecto dinamizador” das obras públicas sobre o emprego e deixe atrás “a propaganda e os orzamentos minguantes”

Os socialistas esixen á Xunta que aproveite o “efecto dinamizador” das obras públicas sobre o emprego e deixe atrás “a propaganda e os orzamentos minguantes”

Raúl Fernández Pleno 250613 webOs socialistas galegos esixiron hoxe no pleno de Parlamento á Xunta que aproveite o “efecto dinamizador” das obras públicas sobre o emprego e deixe atrás “a propaganda e os orzamentos minguantes”.
Nunha moción rexeitada polo PPdeG, o portavoz de Infraestruturas dos socialistas galegos, Raúl Fernández, asegurou que os datos “reflicten con claridade a escasa execución dos proxectos anunciados polo PP”. “É unha magoa que a Xunta esqueza o investimento en obras públicas e emprego, apostando pola burocracia e a propaganda”, manifestou.
Os socialistas denuncian que catro de cada dez euros aprobados polo Goberno de Feijóo para obras públicas non son posteriormente executados, o que xa provocou que no sector da construción perdéranse 50.000 postos de traballo en Galicia desde 2009.
En opinión do portavoz de Infraestruturas dos socialistas, “o que fai ben a Xunta de Feijóo e aumentar a burocracia, creando a Axencia Galega de Infraestruturas, ou facer contratos a medida como pasa na Autovía do Barbanza con Copasa, unha empresa que por certo sae nos papeis de Bárcenas”.
En concreto, a modificación do contrato entre a Xunta de Galicia e a empresa Copasa triplicará o custe da Autovía Costa da Morte e deixa a adxudicataria exenta da construción de 25 dos 42 quilómetros proxectados.
“Non hai planificación, de 8.451 millóns de euros aprobados para investimento polo Goberno do PP, executaron 4.969 millóns, e a porcentaxe de execución no que vai de 2014 é do 26%”, afirmou o deputado socialista, “e así temos agora menos emprego, máis repartido e con peores salarios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar