Os socialistas esixen á Xunta que aclare si contratará un laboratorio sanitario privado en Vigo

Os socialistas esixen á Xunta que aclare si contratará un laboratorio sanitario privado en Vigo

Besteiro Hospital de VigoO deputado socialista Abel Losada esixiulle hoxe á Xunta que explique “si vai contratar a un laboratorio privado” tódalas analíticas do novo hospital tamén privado de Vigo. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento logo de constatar a anulación do concurso para equipar o laboratorio por parte da Consellería de Facenda.

Losada dixo que as únicas explicacións posibles para esta decisión son ou ben a contratación de novo dun servizo privado ou ben que “están a mentir coa data de traslado ao novo hospital”. O deputado vigués reclamoulle tamén ao goberno galego que explique as palabras do novo xerente do centro vigués admitindo “incertidumes nas datas do inicio das cirurxías” no novo hospital, incrementando a lista de espera.

Diante da polémica sobre a condición privada do novo hospital, explicou que “digan o que digan o construíron a través dunha concesión público – privada por 70 millóns de euros ao ano durante 20 anos –un total de 1.400 millóns de euros-”.

Esta contía supera notablemente, explicou, os 350 millóns de euros orzamentados orixinalmente para un centro cen por cen público, que “hoxe figura como inmobilizado material na contabilidade da Sociedade Operadora Hospital de Vigo, S.A., unha sociedade anónima á que comezaron concedéndolle cero penalización por un retraso de 15 meses na obra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar