Os socialistas esixen á Xunta que “acate a sentenza do TSXG e restableza os estudos de ESO e Bacherelato no IES As Mercedes de Lugo ou constrúa de inmediato un novo centro”

Os socialistas esixen á Xunta que “acate a sentenza do TSXG e restableza os estudos de ESO e Bacherelato no IES As Mercedes de Lugo ou constrúa de inmediato un novo centro”

Os socialistas esixen á Xunta que “acate a sentenza do TSXG e restableza os estudos de ESO e Bacherelato no IES As Mercedes de Lugo ou constrúa de inmediato un novo centro”

Concepción BurgoOs socialistas galegos esixiron hoxe no Parlamento que a Xunta “acate a sentenza do TSXG e restableza os estudos de ESO e Bacherelato no Instituto de Ensino Secundario As Mercedes de Lugo ou constrúa de inmediato un novo centro”.

Nunha proposición non de lei en comisión, a deputada socialista Concepción Burgo lembrou que “entre as moitas e malas decisións do ex conselleiro Jesús Vázquez, en marzo de 2013 decidiu suprimir os estudos de ESO e Bacherelato As Mercedes para convertirse nun centro integrado de FP”.

“Foi unha decisión rexeitada por todos e levouse a cabo sen ningún tipo de análise previo da situación do ensino na provincia, afectando directamente a máis de 200 estudantes e 28 profesores, una decisión tomada pola Consellería de Educación de forma sorpresiva, sen falar coa dirección do centro nin coas Anpas”, asegurou a representante do PSdeG.

“Agora nos atopamos con que O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de dar a razón a todos os que rexeitamos esta transformación, tras un recurso presentado pola Plataforma en defensa do IES As Mercedes; o TSXG ratificou que a decisión foi absolutamente arbitraria”, manifestou.

O TSXG entende que o decreto non se basea en ningún estudio ou análise sobre as condicións dos alumnos da zona de influencia do IES, nin sobre a acollida que poderían ter o novos ciclos de FP fronte aos xa existentes, novos ciclos que non dubida en cualificar de pouco novidosos.

Ademais, lembrou Burgo, “o TSXG considera que a supresión representa un grave problema para a cidade por canto As Mercedes era un dos dous únicos institutos que daban servizo á zona sur de Lugo, un centro de recoñecida calidade docente e gañador de premios importantes no eido educativo”.

“Todo o sucedido pon en entredito a política educativa da Xunta e fai necesario que se asuman responsabilidades políticas, polo que é necesario que o anterior conselleiro de Educación ofreza explicacións e dende logo tamén desculpas a todos os afectados e afectadas”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar