OS SOCIALISTAS ESIXEN Á XUNTA QUE “ABANDONE O OPTIMISMO” E APLIQUE MEDIDAS URXENTES “PARA MELLORAR O MERCADO LABORAL E AXUDAR AOS QUE ESTÁN AO BORDE DA EXCLUSIÓN”

OS SOCIALISTAS ESIXEN Á XUNTA QUE “ABANDONE O OPTIMISMO” E APLIQUE MEDIDAS URXENTES “PARA MELLORAR O MERCADO LABORAL E AXUDAR AOS QUE ESTÁN AO BORDE DA EXCLUSIÓN”

OS SOCIALISTAS ESIXEN Á XUNTA QUE “ABANDONE O OPTIMISMO” E APLIQUE MEDIDAS URXENTES “PARA MELLORAR O MERCADO LABORAL E AXUDAR AOS QUE ESTÁN AO BORDE DA EXCLUSIÓN”

Os socialistas galegos lamentaron hoxe no pleno do Parlamento “o optimismo” co que a Xunta fala da recuperación do emprego en Galicia, “cando, segundo os datos do CIS, se lle preguntamos aos galegos e galegas cal é para eles o primeiro problema, o 72% sinala o desemprego”.

Nunha interpelación ao conselleiro Francisco Conde, a portavoz de Emprego do PSdeG, Noela Blanco, lembrou que “desde a reforma laboral, produciuse un forte incremento de empregos a tempo parcial”. A destrución de emprego “vén acompañada tamén dunha redución das prestacións, Galicia ten unha taxa de protección por desemprego do 26,5%, 12,1 puntos menos que en 2011”.

“No último ano o número de fogares sen ningún ingreso, nin salarios, nin pensións, nin subsidios, aumentou en 5.000 e afecta xa a 35.000 fogares en Galicia; que medidas van a tomar vostedes para axudar aos que están ao borde da exclusión social ou os que xa están nela?”, apuntou.

“Dende o grupo socialista non podemos entender cómo se pode ser optimista cando a taxa de desemprego xuvenil ronda o 40%; no caso de Galicia, ademais temos o terceiro salario medio máis baixo de España, unha situación especialmente dramática no caso das mulleres, porque a precariedade e a desigualdade teñen nome de muller”, engadiu.

Por outra parte, “son case 50.000 os maiores de 45 anos que non teñen ningún tipo de protección en Galicia”. Ante este panorama, “o que fixo o PP foi unha reforma laboral que é unha máquina de destrucción de emprego estable e de calidade, optar polo silencio ante o constante caída no reparto de fondos de emprego que se realizaron dende o Estado e repetir unha e outra vez dende aquí que a recuperación de emprego era xa unha realidade”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar