Os socialistas esixen á Xunta o comezo das obras de construción do novo centro de saúde de Narón

Os socialistas esixen á Xunta o comezo das obras de construción do novo centro de saúde de Narón

Os socialistas esixen á Xunta o comezo das obras de construción do novo centro de saúde de Narón

Carmen AcuñaOs socialistas galegos esixiron hoxe no Parlamento de Galicia a execución inmediata do protocolo entre a Xunta e o Concello de Narón para a construción dun novo centro de saúde.

“O primeiro protocolo data do ano 2008 e no 2011 o Concello de Narón cedeu uns terreos para o centro de saúde, pero as continuas modificacións por parte da Consellería de Sanidade impiden o comezo das obras”, afirmou Acuña. Na súa resposta, o xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa, culpou á Administración local da demora no proxecto.

“Levamos case sete anos de retraso e a finais do 2014 a Xunta anunciou outra modificación do protocolo, o que fai o Goberno de Feijóo cos centros de saúde non ten nome, converteron as promesas en mentiras”, manifestou Acuña, que esixiu ademais a Campa unha explicación pola renuncia de sete membros da Comisión Galega de Bioética. Non tivo resposta por parte do xerente do Sergas.

“Núñez Feijóo prometeu a construción de 63 centros da saúde cando chegou á presidencia da Xunta, pero agora quedaron en quince, dos que só hai oito adxudicados”, apuntou a deputada socialista.

“Primeiro foron 63, despois 51, no 2010 falaron de 21 aproveitando o obtido co copago dos medicamentos, pero a realidade é outra e moitos dos municipios que contaban cun novo centro de saúde quedarán sen el, unha mentira máis”, engadiu Acuña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar