Os socialistas esixen á Xunta medidas de protección do patrimonio megalítico da Costa da Morte

Os socialistas esixen á Xunta medidas de protección do patrimonio megalítico da Costa da Morte

Os socialistas esixen á Xunta medidas de protección do patrimonio megalítico da Costa da Morte

caamañoOs socialistas galegos esixiron hoxe no Parlamento á Xunta medidas de protección eficaces para o patrimonio megalítico da Costa da Morte. “Temos que coidar a riqueza que alí existe, non é custoso economicamente”, afirmou o deputado Francisco Caamaño.
“Este patrimonio necesita un traballo de prevención e un plan de vixiancia, limpeza e sinalamento”, manifestou Caamaño, que lamentou que asociacións privadas compren determinadas parcelas onde hai este tipo de monumentos para facer as labores de protección “que deberían ser obriga da Xunta”.
Os socialistas lembraron que en outubro, como consecuencia de traballos forestais consistentes na limpeza dun monte e a posterior plantación de eucaliptos, rexistráronse danos nun salientable túmulo funerario nomeado ‘A Arquiña de Vilaseco’, situado no concello coruñés de Vimianzo, na linde de dúas propiedades privadas e a sesenta metros do río Castro.
Este monumento megalítico, datado entre o segundo e cuarto milenio antes de Cristo, presenta unha superficie próxima aos cen metros cadrados e xa foi obxecto de saqueo anteriores á súa identificación. Con todo, consérvanse os restos dunha cámara poligonal, pedras pertencentes a un anelo lítico perimetral é, o máis importante, existen indicios dabondo para presumir a existencia dunha cámara soterrada e non espoliada.
“Está ben invertir no patrimonio relixioso, pero temos que coidar tamén o patrimonio megalítico, na Arquiña de Vilaseco hai catorce mámoas catalogadas como bens de interese cultural que se atopan en situación de desleixo”, engadiu Caamaño, que demandou á posta en marcha por parte do Goberno galego da primeira fase do Parque do megalitismo da Costa da Morte.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar