Os socialistas esixen á Xunta maior presión sobre Bruxelas na defensa da actividade pesqueira e propoñen a creación dun lobby que informe sobre a relevancia económica do sector

Os socialistas esixen á Xunta maior presión sobre Bruxelas na defensa da actividade pesqueira e propoñen a creación dun lobby que informe sobre a relevancia económica do sector

Os socialistas esixen á Xunta maior presión sobre Bruxelas na defensa da actividade pesqueira e propoñen a creación dun lobby que informe sobre a relevancia económica do sector

Marisol Soneira preguntou polas accións da Xunta para a defensa da flota palangreira, que se ve afectada pola decisión de protexer ás quenllas contra o finning, cando estes barcos non o practican

A parlamentaria socialista denuncia a desinformación dos socios comunitarios e a falta de accións de presión por parte dos gobernos do Estado e da Xunta para reverter as consecuencias sobre a flota galega das decisións que toma o Parlamento e da Comisión Europea, sen coñecer as consecuencias sobre a economía galega

A portavoz socialista na Comisión Permanente non Lexislativa de Asuntos Europeos, Marisol Soneira, esixiu do Goberno da Xunta unha acción de maneira autónoma ou conxunta para a defensa dos intereses do sector da Pesca no seo da UE.

A deputada socialista fixo esta proposta no marco dunha pregunta sobre a actuación da Xunta diante da aprobación por abafante maioría dunha normativa que prohibe á flota comunitaria a práctica do finning, consistente no aproveitamento exclusivo da aleta das quenllas capturadas, desbotando o resto do animal.

Soneira salienta que, precisamente é a flota palangreira europea, maioritariamente galega, a que non realiza esta práctica, xa que por tradición, aproveitase todo o valor proteico da quenlla.

A presión dos ecoloxistas conseguiu que 556 deputados votaran a favor da medida limitadora da actividade pesqueira, 47 en contra e 16 abstencións. Tal inclinación da balanza supera as diferenzas esquerda dereita e pon en evidencia o escaso peso dos asuntos pesqueiros nas prioridades dos socios de España e Galicia na Eurocámara.

Este acordo contra o finning por en risco a continuidade da flota palangreira sen que se acabe con esta actividade, pois a prohibición non afecta ao 96% da flota, de orixe extracomunitario.

A portavoz socialista avogou pola constitución dun lobby de presión dentro da UE que sirva para evitar que, por desinformación sobre a actividade pesqueira, se produzan apoios desproporcionados a medidas que causan danos económicos, laborais e medioambientais á propia Europa, nomeadamente a Galicia.

Marisol Soneira esixiu á Xunta e ao Goberno central que traballen en iniciativas que permitan reverter ou minorar os danos ocasionados pola decisión da UE aos palangreiros galegos que se dedican a esta actividade.

Considera a parlamentaria socialista que sería necesario contar con algo máis que un informe do CES sobre as consecuencias no sector, e propuxo a realización de informes sobre as consecuencias da medida sobre a especie, os caladoiros e sobre a flota palangreira, de tal xeito que os deputados europeos poidan cambian a orientación dun voto que “ás veces sae máis do corazón que da razón”, movidos por unha conciencia ecoloxista, pero desde o descoñecemento da actividade pesqueira da flota comunitaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar