Os socialistas esixen á Xunta “as medidas necesarias” para que o sector do ‘xeito’, que da de comer a máis de 1.000 familias, poida traballar con normalidade

Os socialistas esixen á Xunta “as medidas necesarias” para que o sector do ‘xeito’, que da de comer a máis de 1.000 familias, poida traballar con normalidade

Os socialistas esixen á Xunta “as medidas necesarias” para que o sector do ‘xeito’, que da de comer a máis de 1.000 familias, poida traballar con normalidade

Pesca. Mariñeiros pescandoA viceportavoz dos socialistas no Parlamento, Carmen Gallego, esixiu hoxe á Xunta “as medidas necesarias” para que o sector do ‘xeito’, que da de comer a máis de 1.000 familias en Galicia, poida traballar con normalidade.

Representantes do sector estiveron hoxe na Cámara, onde mantiveron un encontro co PSdeG. Hai poucos días que a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, co inesperado peche da pesca da sardiña, poñía contra as cordas aos traballadores.

Por outra parte, a Unión Europea prevé o exterminio total desta arte tradicional de pesca para o próximo 1 de xaneiro de 2015, dentro da prohibición total das artes de enmalle de deriva. Esta medida afecta a máis de 500 embarcacións e 1.000 familias das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.

“Sen lugar a dúbidas, estamos diante dunha medida totalmente desproporcionada, xa que falamos dunha arte de pesca selectiva, que practicamente non produce descartes e que está moi afastada das empregadas por outras embarcacións de carácter máis industrial, que empregan artes de enmalle á deriva de varios quilómetros e que poñen en perigo especies protexidas”, afirmou Gallego.

“É evidente que existe un profundo descoñecemento desta arte de pesca, xa que o fin último que pretende a normativa comunitaria é compatible co que representa esta arte de pesca, polo que esiximos á Xunta que se dirixa ao Goberno central para que defenda diante da UE a continuidade do ‘xeito’ e demais modalidades de pesca artesanal”, apunta o PSdeG.

Os socialistas presentarán iniciativas no Parlamento, o Congreso dos Deputados e o Senado, tendo ademais en conta que José Blanco xa levou este tema ao Parlamento Europeo.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. lll
    Outubro 15, 2014 a 23:55

    É fantástico que esteades apoyando ó sector xeiteiro pero deberíades saber que o da imaxe non é un barco do xeito e as capturas da cubierta son xardas e non sardiñas

Deixar a resposta

Pechar