Os socialistas esixen á Xunta “a equidade no ensino posta en perigo nos últimos seis anos”, criticando “os recurtes nas condicións do profesorado e nas becas”

Os socialistas esixen á Xunta “a equidade no ensino posta en perigo nos últimos seis anos”, criticando “os recurtes nas condicións do profesorado e nas becas”

Os socialistas esixen á Xunta “a equidade no ensino posta en perigo nos últimos seis anos”, criticando “os recurtes nas condicións do profesorado e nas becas”

Vicente Docasar2Os socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento á Xunta “que recupere a equidade no ensino, posta en perigo na nosa comunidade autónoma despois de seis anos de goberno do Partido Popular”.

O portavoz de Educación do PSdeG na Cámara, Vicente Docasar, esixiu unha mellora dos equipamentos didácticos e das condicións laborais do profesorado, en resposta a unha comparecencia en comisión do secretario xeral técnico da Consellería de Educación e Cultura, Jesús Oitavén.

“O investimento por habitante baixou de 860 a 670 euros en Galicia, o que repercute na calidade do ensino que recibe o alumnado”, manifestou Docasar, que lamentou “o acto propagandístico de vir ao Parlamento en campaña electoral a vender falsas promesas”.

En opinión do deputado socialista, “a realidade é que hai menos medios humanos e materiais, peores condicións laborais para os traballadores, repagos nos libros de texto e recurtes nas becas”. Docasar alertou tamén do descenso nos gastos de funcionamento, “e no mes de abril, cos orzamentos aprobados no mes de xaneiro, os centros aínda non recibiron os cartos”.

“Os socialistas consideramos imprescindible que non cheguen aos centros nenos sen libros de texto e que teñamos unha política de becas xusta, o demais é fume e propaganda en campaña para agochar o austericidio, lamentamos que a etapa iniciada co novo conselleiro non cambiara as cousas”, afirmou.

“Vostedes din que estamos a vivir nos últimos seis anos unha revolución silenciosa na educación galega, mais eu considero, polo contrario, que máis que unha revolución silenciosa estivemos a vivir claramente nos últimos anos unha involución ben ruídosa”, engadiu.

“Os socialistas esiximos que se repoñan as condicións arrebatadas ao colectivo docente e as 2.200 prazas perdidas, un plan para corrixir a fenda dixital existente entre uns centros e outros, consenso lingüístico e un plan de financiamento xusto para as universidades galegas, entre outras medidas urxentes”, rematou Docasar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar