Os socialistas esixen á Xunta a elaboración dun plan de xestión do solo industrial de Galicia competitivo

Os socialistas esixen á Xunta a elaboración dun plan de xestión do solo industrial de Galicia competitivo

Os socialistas esixen á Xunta a elaboración dun plan de xestión do solo industrial de Galicia competitivo

Sánchez Bugallo defendeu en Pleno un Plan de urxencia para poñer o solo industrial a disposición dos emprendedores e da mocidade mellor preparada, obrigada a emigrar, porque o actual é “tardío e insuficiente” e non ofrece condicións competitivas

Xuros do 6,75% a cinco e sete anos non é unha oferta competitiva con Portugal, onde o metro en Chaves, a 4 qm. de Verín, está a 10 céntimos en aluguer a 20 anos

Censurou ao Goberno Feijóo a falta de coordinación entre consellerías e que Facenda prefira ter as vacas pastando nos polígonos a que aflore a débeda das Xestures, a piques da quebra, amparada nunhas parcelas que teñen teoricamente unha valoración que hoxe non teñen saída a ese prezo

O portavoz socialista de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de defender en Pleno unha proposición non de lei instando á Xunta a presentar no Parlamento galego “con carácter de urxencia” un Plan de Xestión do solo industrial de Galicia que deberá contemplar as opcións de aluguer a longo prazo, aluguer con opción de compra e venta con pago aprazado a longo prazo.

Na mesma iniciativa, o deputado socialista esixiu ó Goberno galego que elabore, vinculado ao plan, un programa de incentivos e axudas para empresas e emprendedores que se instalen nestes polígonos, que contemplaría a posibilidade de construír naves con posibilidade de aluguer e con opción de compra ou venta a emprendedores e empresas.

O deputado socialista destacou a existencia de 756 parcelas cun total de 2.431.830 m. cadrados de solo sen vender. Bugallo considera absurdo que os emprendedores teñan que marcharse de Galicia mentres mantemos millóns de metros cadrados de propiedade pública sen uso. Nun escenario en que Galicia está afectada polo paro e decenas de mozos e mozas da xeración mellor formada teñen que emigrar “é absolutamente intolerable e inadmisible que un investimento de máis de 500 millóns de euros investidos pola Xunta estean sen utilizar”.

Sánchez Bugallo recriminou ao Executivo de Feijóo que presentara un Plan de venda de determinadas parcelas “tardío e insuficiente”, pois foi presentado catro anos e tres meses logo da toma de posesión de Feijóo e era copiado dun plan do Pais Vasco datado en 1996.

Para o voceiro socialista non é axeitado, entre outras razóns, porque a bonificación do 5% e un xuro do 6,75% a cinco ou sete anos son “condicións notoriamente insuficientes e posiblemente ineficaces para mercar solo e cumprir o obxectivo de creación e implantación de empresas”. Incomparables coas que ofrece, por exemplo, o municipio portugués de Chaves, “a dez céntimos o metro cadrado en aluguer a 20 anos”.

O Plan da Xunta “non tiña en conta o problema de falta de financiamento”. Sobre todo para a adquisición de chan. “Hoxe é misión imposible para unha empresa conseguir que unha entidade financeira financie unha operación de compra de solo” nas condicións que marca o Goberno.

O deputado socialista denunciou que, a falta de información oficial, “a propia observación permite coñecer que no polígono da Sionlla – Santiago – só hai unha parcela ocupada e outra vendida, nas Gándaras poden facer unha excursión con resultado semellante, ou no de Baamonde, e ver as vaquiñas pastando”.

Engadiu Bugallo que o solo industrial dispoñible en Galicia é moi superior, porque deberan engadirse as promocións de SEPES, Zona Franca de Vigo e outras institucións e a plataforma loxística de Salvaterra - As Neves, “que 12 anos despois da primeira pedra aínda non pode ser inaugurada”. Igual que en Monforte, onde o solo “aínda está baleiro”.

Explicou Sánchez Bugallo que a oferta da Xunta non é competitiva en relación ás ofertas que fan países da nosa contorna, como Portugal. “O que pasou é que en Portugal tomaron o solo como un investimento público, como cando se fai unha estrada, e na Xunta prima o falta entendemento entre as consellerías de MATI, Industria e Facenda, que é a que manda, e está preocupada por que non se recolla contablemente a débeda de 174 millóns de euros”, que recoñece a Xunta e que non aflora porque está amparada nunhas parcelas que teñen unha valoración teórica, pero que hoxe non teñen saída a ese prezo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar