Os socialistas esixen á Xunta a elaboración do Mapa de emerxencias de Galicia

Os socialistas esixen á Xunta a elaboración do Mapa de emerxencias de Galicia

Os socialistas esixen á Xunta a elaboración do Mapa de emerxencias de Galicia

O portavoz de Interior do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, presentou hoxe unha serie de iniciativas para esixir á Xunta a elaboración do Mapa de Emerxencias de Galicia. Lamentou que o balance en materia de emerxencias de dous anos de Executivo de Feijóo é “parálise, inacción, falta de eficacia e caos” diante de cada fenómeno meteorolóxico adverso.

Francisco Rivera reclamou á Xunta que “en lugar de apostar pola política de lamento e a confrontación co Estado botando a culpa á Axencia Nacional de Meteoroloxía se sitúe na prevención e destine orzamentos á política de emerxencias”, que ve a súa eficacia “moitísimo máis limitada” logo de que a Xunta reducira o seu orzamento nun 26 por cento dende 2009.

O parlamentario socialista reclama así á Xunta o desbloqueo, antes de xullo, do devandito Mapa de Emerxencias, que foi comprometido no Pacto Local coa Fegamp en 2007 e actualmente está paralizado polo PP. Tamén reclamou a constitución dos Consorcios Provinciais de Extinción de Incendios e de Salvamento en Ourense e Pontevedra, as dúas provincias que a día de hoxe carecen deles.

Anunciou que os socialistas insistirán na dotación dunha rede de parques de bombeiros para as comarcas afastadas que hoxe en día carecen deles, como Baixa Limia, Trives, Caldelas e Ribeiro en Ourense ou Val Miñor e Ulla – Umia en Pontevedra. Tamén reclama unha “rede de puntos de emerxencias” que permitan a atención ás emerxencias e unha prevención de riscos eficaz.

Os socialistas galegos solicitan tamén a posta en valor do novo mapa de zonas inundables, que tamén permanece paralizado, así como o radar para a predición de fenómenos climatolóxicos adversos previsto para Cuntis e actualmente en perigo pola posta en marcha dun parque eólico.

A parálise amosada pola Xunta esténdese, engadiu, á nova sede da Axencia Galega de Emerxencias, xa que logo de que o Executivo anunciara hai dous anos o seu traslado dende Sigüeiro á Estrada, a día de hoxe o proxecto “non está concretado nin moito menos licitado”. Considera “fundamental” a clarificación deste proxecto de centro loxístico para a coordinación das emerxencias do país.

Asuntos vitais

O portavoz de Interior advertiu que a parálise de asuntos “vitais” para as emerxencias de Galicia, como amosa coa súa “inacción” diante da elaboración do estatuto de bombeiros profesionais e criticou tamén o “bloqueo dos consorcios provinciais de extinción de incendios de Pontevedra e Ourense”.

Finalmente, reclamou a actualización e elaboración de plans de prevención externos, logo de que o presidente do Goberno confirmara que descoñecía si a planta de Alcoa en Cervo dispuña del, “e finalmente o director xeral confirmou que non a instancias dunha pregunta do Grupo Socialista”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar