Os socialistas esixen a Sanidade “que explique as causas do brote de amigdalite no CPI Virxe do Monte de Cospeito”

Os socialistas esixen a Sanidade “que explique as causas do brote de amigdalite no CPI Virxe do Monte de Cospeito”

Os socialistas esixen a Sanidade “que explique as causas do brote de amigdalite no CPI Virxe do Monte de Cospeito”

Santín CospeitoOs socialistas galegos esixiron no pleno do Parlamento á Consellería de Sanidade “que explique as causas do brote de amigdalite no colexio Virxe do Monte de Cospeito”.
“A principios de outubro, alumnos dun colexio de Cospeito tiveron un brote de amigdalite; isto, que en principio non parece nada serio, colle outro carácter cando se concentran todos estes casos nun so colexio, afectando a practicamente a metade dous alumnos do colexio, en concreto a máis de 100 alumnos e a outros traballadores do centro. Unha bacteria, o estreptococo, parece a causa da infección”, asegurou o deputado Juan Carlos González Santín nunha pregunta oral ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.
“A situación foi tan anormal que dende o centro médico se telefonou ao colexio da localidade para comentar o inusual da situación, e ademais a Delegación Territorial da Xunta en Lugo apuntou que o servizo de Pediatría diagnosticou dous casos de escarlatina entre alumnos do centro, unha afección que non reviste gravidade e esixe un tratamento antibiótico similar a amigdalite”, apuntou o socialista.
“Nas familias con alumnos matriculados no centro rexistrouse eses días unha sensación de certa intranquilidade, como quedou patente en varias reunións celebradas no centro, e critican que a Xunta non dea unha versión oficial sobre o que está ocorrendo”, manifestou.
“O Sergas indicou que, ante a proliferación de casos da mesma enfermidade e no mesmo centro educativo, practicáronselles probas aos menores para determinar a causa do contaxio, cal foi o resultado destas probas?”, preguntou Santín.
O conselleiro deu por solucionado o problema na súa resposta, pero na quenda de réplica Santín engadiu que “o 11 de Novembro constatamos con preocupación que o CPI Virxe do Monte continuou rexistrando novos casos desta enfermidade”. “Os pais teñen dereito a saber, os lucenses temos dereito a saber e vostede ten a obriga de responder e de aportar solucións”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar