Os socialistas esixen “a salvagarda dos dereitos humanos” da poboación saharauí e piden o apoio do Goberno, da Unión Europea e da ONU

Os socialistas esixen “a salvagarda dos dereitos humanos” da poboación saharauí e piden o apoio do Goberno, da Unión Europea e da ONU

Os socialistas esixen “a salvagarda dos dereitos humanos” da poboación saharauí e piden o apoio do Goberno, da Unión Europea e da ONU

A delegación interparlamentaria que visitou o Sáhara presentou hoxe as conclusións da misión de observación

A delegación parlamentaria galega que visitou o Sáhara, composta polos deputados e deputadas Carmen Gallego (PSdeG), Xabier Ron (AGE), Gonzalo Trenor (PP) e Montse Prado (BNG), presentou hoxe as conclusións da súa misión de observación.

“Esiximos a salvagarda dos dereitos humanos da poboación saharauí, é de vital importancia que o vindeiro 30 de abril o Consello de Seguridade da ONU acorde ampliar o mandato da Minurso para que sexa garante dos seus dereitos”, manifestou na presentación das conclusións a deputada socialista Carmen Gallego.

“O intergrupo parlamentario, acompañados de oeneges, estivemos visitando moitos colectivos da sociedade civil saharauí para coñecer de primeira man os seus problemas: familias de persoas desaparecidas, mulleres que loitan pola igualdade, mozos que non teñen ningunha oportunidade e persoas da cultura que pelexan por preservar a súa lingua, a súa cultura e os costumes”, apuntou Gallego.

Os grupos con representación na Cámara galega realizan un chamamento ao Goberno español para que “promova as iniciativas necesarias dirixidas a acadar unha solución xusta e definitiva, en defensa do lexítimo dereito do pobo saharauí á súa autodeterminación mediante un referendo libre e regular”.

Por outra parte, demandan tamén que “o Goberno solicite ao Reino de Marrocos o escrupuloso respecto polos dereitos humanos no territorio ocupado do Sáhara Occidental, ao mesmo tempo que traballa na UE para que a Minurso vexa ampliadas as súas funcións”.

Na súa visita, os deputados e deputadas foron testemuñas do espolio de recursos naturais no Sáhara por parte de Marrocos, así como da situación dramática de soidade e desarraigo das mulleres.

As conclusións presentadas hoxe serán remitidas a os representantes do Consello de Seguridade da ONU, á Comisión Europea, ao Goberno de España e aos intergrupos sobre o Sáhara do Congreso dos Deputados e o Parlamento Europeo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar