Os socialistas esixen á RTVG que determine a plantilla fixa que manterá o ente logo da oferta pública de emprego

Os socialistas  esixen á RTVG que determine a plantilla fixa que manterá o ente logo da oferta pública de emprego

Os socialistas esixen á RTVG que determine a plantilla fixa que manterá o ente logo da oferta pública de emprego

O portavoz do PSdeG-PSOE na Comisión da RTVG, Ricardo Varela, esixiu hoxe ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que determine qué plantilla fixa de persoal manterá o ente logo da Oferta Pública de Emprego. No debate dunha pregunta en Comisión, acusou ao presidente da Xunta de incumprir a promesa de campaña de “todos dentro e sen probas”.

Varela criticou a “posición demagóxica” que obriga a ser “forzosamente incoherente” unha vez que tiveron que “dar resposta aos compromisos adquiridos” viron que “necesitaban probas a medida, necesitaban deseñar o tribunal e prescindir do consenso do Consello de Administración para deseñar unha Oferta Pública de Emprego axeitada á realidade.

O parlamentario socialista apuntou que esta situación é a que provoca a “cerrazón” do PP a introducir na Lei dos Medios de Comunicación Públicos os dereitos de subrogación dos traballadores, cando a realidade é que supón o “aseguramento legal de algo que xa está contemplado na lexislación laboral”.

O parlamentario socialista reclamou ao responsable do ente que revele “qué pensan facer coa plantilla non consolidada despois da Oferta Pública de Emprego” actualmente en marcha.

Produción propia

Ricardo Varela tamén preguntou hoxe pola falla de previsión do ente público para desenvolver produción audiovisual propia, o que constituirá un “problema grave a curto prazo” por canto nestes momentos deberan estar preparando unha programación “que puidera estar viva en 1 ou 2 anos”.

Sinalou que actualmente a produción da TVG “vive da programación de anos anteriores”, tanto series como programas elaborados, deseñados e postos na grella no pasado, albiscando “buratos moi considerables” a curto prazo polo “pouco éxito da escasa produción propia nos últimos tempos”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar