Os socialistas esixen a retirada urxente da disposición dos orzamentos do estado que restrinxe o dereito á prestación sanitaria aos españois que residan máis de 90 días fóra

Os socialistas esixen a retirada urxente da disposición dos orzamentos do estado que restrinxe o dereito á prestación sanitaria aos españois que residan máis de 90 días fóra

Os socialistas esixen a retirada urxente da disposición dos orzamentos do estado que restrinxe o dereito á prestación sanitaria aos españois que residan máis de 90 días fóra

Marisol Soneira denuncia que con esta modificación tratarase aos emigrantes como estranxeiros no país de acollida e como inmigrantes no seu propio país

Esixe a Feijóo que se rebele contra esta medida “indigna dun país civilizado e do modelo social da área xeográfica de España” e unha infamia para a emigración ao esquecer a súa contribución ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia e España

Denuncia a paradoxa de que os emigrantes son sometidos a un ultraxante trato polo Goberno que, por mor da súa propia incapacidade para dar respostas a situación de necesidade do país, obrígaos a emigrar

Piden que a Xunta garanta a asistencia sanitaria, a tódolos galegos que retornen, sen ter en conta ningún límite temporal de residencia no estranxeiro, nas mesmas condicións que o resto de residentes en Galicia

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, ven de presentar unha batería de iniciativas encamiñadas a que o Parlamento inste á Xunta de Galicia a manifestar o rexeitamento e repulsa á disposición adicional sesaxésima quinta, apartado 2, da Lei 22/2013, de 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014.

Segundo recolle a devandita disposición, publicada no BOE nº 309 do 26/12/13, “a efectos del mantenimiento del derecho de las prestaciones sanitarias en las que se exija la residencia en territorio español, se entenderá que el beneficiario de dichas prestaciones tiene su residencia habitual en España aún cuando haya tenido estancias en el extranjero siempre que éstas no superen los 90 días a lo largo de cada año natural”.

Denuncia Soneira Tajes que, na práctica, isto ven significar que tódolos españois obrigados a emigrar, pola situación de crise económica que vive o noso país ou por calquera outra circunstancia, tódolos nosos emigrantes históricos aos que se lle ten ofrecido tarxetas sanitarias en campaña electoral, tódolos mariñeiros embarcados en buques abandeirados noutro país, e todos e cantos españois se vexan obrigados a residir no estranxeiro máis de 90 días, serán tratados pola Seguridade Social do seu país coma inmigrantes.

“Serán tratados coma estranxeiros na súa propia patria”, afirma a deputada. “Serán sometidos a un ultraxante trato polo país que, por mor da súa propia incapacidade para dar respostas a súa situación de necesidade, obrígaos a emigrar” acusa a responsable de Emigración do Grupo Socialista.

Darase, segundo a parlamentaria, a paradoxa de que estes traballadores serán estranxeiros cando saen de España e serán tratados coma estranxeiros cando retornen a ela se residiron fóra máis de noventa días.

A socialista cualificou de “indigno dun país civilizado e do modelo social da área xeográfica na que estamos situados” o trato que o Goberno de España quere dar aos seus naturais. “Convértese en infamia si se ten en conta a histórica relación dos españois, e moi especialmente os galegos, co fenómeno migratorio e a contribución dos emigrantes ao desenvolvemento económico, social e cultural de España” lembra a parlamentaria do PSdeG. “Só un Goberno sen conciencia social e amnésico, alleo á realidade e situado fóra do espazo e do tempo que lle toca administrar, é capaz de promulgar tales medidas”, afirmou Marisol Soneira.

Pero si esta modificación do texto refundido da Lei xeral da seguridade social é “un atentado sen precedentes ao concepto de cidadanía para tódolos españois, para os galegos supón moito máis”, asegura a deputada. Porque a emigración “forma parte do noso ADN como pobo e configura unha das nosas principais sinais de identidade”, engadiu. “Se para o conxunto dos españois esta medida supón unha infamia, para os galegos se incrementa con doses insoportables de desprezo a súa historia pasada e presente”.

“Ningún galego, consciente da súa orixe e da súa historia, pode asumir semellante ultraxe” polo que Soneira, na liña do expresado recentemente polo Secretario Xeral do PSdeG, Gómez Besteiro, respecto ao repago sanitario, esixe a Feijóo que “defenda os intereses dos galegos aínda que para iso teña que desobedecer a Rajoy e abandonar a carreira por ser o primeiro da clase do PP en aplicar medidas inxustas que amplían a desigualdade”. Reclámalle que desde a Xunta demande ao Goberno que acometa, con carácter de urxencia, tódalas accións que fosen necesarias para a supresión do apartado 2 da disposición adicional sesaxésima quinta da Lei 22/2013, de 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, porque “atenta contra a dignidade e os dereitos de cidadanía de españois emigrados, entre os que os galegos conforman o colectivo máis importante”.

A socialista require á Xunta a emprender, con carácter de urxencia, cantas accións e medidas fosen necesarias para garantir a asistencia sanitaria, a través do Servizo Galego de Saúde, a tódolos galegos emigrantes que retornen á comunidade autónoma, sen ter en conta ningún límite temporal de residencia no estranxeiro, nas mesmas condicións que o resto da cidadanía residente en Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar