Os socialistas esixen “a plena seguridade viaria da A-8” e as actuacións necesarias para que a N-634 “sexa unha vía alternativa en mellores condicións”

Os socialistas esixen “a plena seguridade viaria da A-8” e as actuacións necesarias para que a N-634 “sexa unha vía alternativa en mellores condicións”

Os socialistas esixen “a plena seguridade viaria da A-8” e as actuacións necesarias para que a N-634 “sexa unha vía alternativa en mellores condicións”

Raúl Fernández Pleno 250613 webOs socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento que a Xunta esixa ao Ministerio de Fomento “a plena seguridade viaria da A-8” e as actuacións necesarias para que a estrada nacional 634 “sexa unha vía alternativa en mellores condicións”.

Na presentación dunha proposición non de lei en comisión rexeitada polo PP, o portavoz de Transportes do PSdeG, Raúl Fernández, lamentou que “a día de hoxe, a autovía non xera seguridade, confianza e atractivo”, amosando as súas dúbidas ante as promesas de mellora por parte do Goberno central e a Xunta.

Fernández lembrou que “o 24 de xuño de 2014, a ministra de Fomento asegurou en sede parlamentaria que a totalidade da A-8 estaría rematada no presente ano, pero dous días despois, o 26 de xuño, un violento choque en cadea de múltiples vehículos produciu unha falecida e case 50 feridos de diversa consideración”.

“As dantescas imaxes do sinistro provocaron, nun primeiro intre, un gran impacto na sociedade galega allea ao lugar, allea ao trazado, allea a construción destes tramos e allea a toda a polémica que rodeou a elección desta alternativa da A-8”, manifestou o deputado socialista.

“Para quen coñecía o lugar do trazado o sinistro non lles impactou, máis ben resultou ser a crónica dun suceso anunciado polas dificultades estruturais do trazado: xeada abundante, néboa moi densa e vento constante”, engadiu. En opinión do deputado socialista, “a A-8 é una autovía a tempo parcial, os peches intermitentes deste tramos da A-8 non responden ás expectativas do Goberno e, moito menos, dos usuarios”.

“A A-8 será unha autovía de verdade cando teña seguridade e cando teña alternativas fiables para os usuarios; dos gobernos galego e do Estado depende que a A-8 sexa considerada como tal ou non o sexa”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar