Os socialistas esixen a Feijóo un compromiso orzamentario co I+D+i para alcanzar o 2% do PIB en 2020

Os socialistas esixen a Feijóo un compromiso orzamentario co I+D+i para alcanzar o 2% do PIB en 2020

Os socialistas esixen a Feijóo un compromiso orzamentario co I+D+i para alcanzar o 2% do PIB en 2020

Abel Losada defenderá unha moción no vindeiro Pleno que insta á Xunta a demandar a Madrid a retirada da taxa de reposición do 10% no emprego público do sector do I+D+i. Esixe tamén que nos vindeiros tres anos Galicia impoña o 100% de reposición do emprego público neste sector

Os socialistas propoñen un incremento progresivo do orzamento dedicado a I+D+i, un 15% anual, para facer cumprir a Feijóo o seu Plan Estratéxico Horizonte 2020

Proporá ao Executivo asumir os compromisos da Carta pola Ciencia

O parlamentario socialista,Abel Losada, defenderá no Pleno da vindeira semana unha moción pola que esixe ao Goberno de Feijóo que cumpra os obxectivos que aparecen no seu propio Plan Estratéxico Horizonte 2020, que deberan permitir chegar ao 1,5 % do PIB no conxunto do I+D+i, público e privado, no ano 2014; mantendo un incremento sostido no tempo para acadar, cando menos, o 2 % do PIB no ano 2020.

A moción socialista require tamén que o Goberno galego incremente de forma progresiva, en torno a un 15 % anual, a dotación pública autonómica en I+D+i (Función 56). No ano 2013 esta situouse no 1,2 % dos orzamentos. O ritmo de incremento proposto polos socialistas permitiría acadar o 2,5 % dos orzamentos autonómicos no ano 2020.

Losada pedirá ao presidente do Executivo galego que defenda ante o Goberno de España a eliminación da actual taxa de reposición de emprego público do 10 % no sector de I+D+i.

O socialista propón manter unha taxa de reposición do 100 % do emprego durante os próximos tres anos nos centros públicos de I+D+i da Comunidade Autónoma, e que a partires do cuarto ano, se incrementen os niveis de emprego cando menos ao ritmo de crecemento do PIB.

Finalmente o deputado socialista esixirá ao Goberno galego que manifeste publicamente o seu apoio, tanto político como orzamentario, as reivindicacións contidas na coñecida como “Carta pola Ciencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar