Os socialistas esixen a Feijoo solucións viables, no fraude das participacións preferentes

Os socialistas esixen a Feijoo solucións viables, no fraude das participacións preferentes

Os socialistas esixen a Feijoo solucións viables, no fraude das participacións preferentes

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera esixiu hoxe, en rolda de prensa, ao Goberno de Feijoo “solucións viables”, no fraude das participacións preferentes , e pediulle que “deixe os anuncios propagandísticos”. Dixo que a que Feijoo “non lle interesa nada este asunto á vista das solucións que propón, o único que lle preocupa e que el non esta afectado”.

Ademais aludiu a Lei de Consumo que será aprobada no vindeiro Pleno da Cámara “esta normativa non defende aos consumidores e usuarios de Galicia neste tipo de fraudes”. Afirma que o que fai falta nesta asunto son “solucións factibles e tanxibles, e non propostas que levan a confusión que non teñen ningún sentido e que o único que fan é xerar mais indignación aos afectados”, insistiu.

O deputado anunciou que rexistrou unha proposición na Cámara Autonómica na que reclama á Xunta que se dirixa ao Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores para que nun prazo non superior a un mes, autoricen as propostas que realicen as entidades financeiras galegas, nomeadamente NGB, de troco de participacións preferentes por depósitos de prazo fixo, permitindo con elo que os afectados por este tipo de produtos perpetuos poidan acceder os seus aforros nun prazo limitado de tempo.

Proposición parlamentaria
Na iniciativa Juan Carlos Francisco Rivera demanda tamén ao Goberno de Feijoo que se dirixa a Comisión Europea ou a calquera outro organismo da Unión Europea que teña atribuídas competencias de vixilancia, supervisión e control sobre os cartos prestados polo FROB a NGB, para que preste as autorizacións precisas para trocar as preferentes por depósitos a prazo fixo.

O parlamentario socialista explicou que Núñez Feijoo ofreceu aos afectados, o pasado 16 de marzo, unha solución para a fr

aude das participacións preferentes, “consistente nin máis nin menos, que na submisión das partes, afectados e entidades financeiras, a un laudo arbitral”.

Francisco Rivera advertiu que este mecanismo “é inviable, xa que é imposible obrigar as entidades financeiras a que se sometan a esta arbitraxe”. Dixo que estas entidades teñen recibido diñeiro do FROB “polo tanto é necesaria a autorización do Banco de España, da Comisión Nacional do Mercado do Valores e da propia Comisión Europea”. Por iso emprazou a Feijoo “a ter mais dilixencia e responsabilidade”, cando propón solucións que “son absolutamente ridículas”.

O parlamentario afirma que a única solución que NGB debe ofertar, por ser a única viable, “é devolver integramente os cartos mediante un troco das participacións preferentes por depósitos líquidos suxeitos a prazo fixo e determinado no tempo”, como xa están facendo outras entidades como a vasca Kutxa.

Asegura que é necesario buscar unha solución encamiñada “ao canxe das participacións preferentes por depósitos líquidos ou a prazo determinado, e que permita aos clientes a recuperación dos seus aforros”, e replica que nesta mesma vía “esta traballando NGB, e consideramos que é a única valida”, replicou.

Propostas que non teñen ningunha viabilidade

Ademais emprazou a Feijoo a que “deixe de facer propostas que non teñen ningunha viabilidade”, e pediulle a que inste directamente ao Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores para que presten as autorizacións que precisa NGB, co fin de canxear este tipos de produtos opacos para que poidan satisfacer aos clientes afectados.

A maiores tamén aludiu a reunión que mantén hoxe o Conselleiro Javier Guerra con representantes de ADICAE “deixe de propoñer anuncios e reunións que non teñen ningún tipo de validez, co único fin de avaliar un problema que xa esta moi debatido”. E pediulle que “busque unha solución dirixida a aqueles que poden arranxar esta situación que son o Banco de España, a Comisión Nacional do Mercado de Valores, o Goberno de España e a Comisión Europea para permitir un canxe destas participacións”, que afecta a case 100.000 galegos.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar