Os socialistas esixen a Feijóo “que se molle coa rexeneración ética e democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UUAA

Os socialistas esixen a Feijóo “que se molle coa rexeneración ética e democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UUAA

Os socialistas esixen a Feijóo “que se molle coa rexeneración ética e democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UUAA

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu ao presidente da Xunta e ao PP “que se mollen realmente coa rexeneración ética e democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UUAA. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que acordou a orde do día do próximo Pleno do Parlamento.

Losada anunciou que os socialistas presentarán neste Pleno unha Moción sobre os abusos de poder empregados polo PP fronte a persoas e institucións “utilizando os mecanismos da Xunta de Galicia” que cualificou “de extrema gravidade”. Criticou o “relativismo moral” amosado por Feijóo facendo bandeira da ética cando estaba na oposición e a actitude que mantén dende o goberno con estas cuestións que afectan ao seu partido.

Dixo que tanto o presidente da Xunta como o PP son “moi reacios a retratarse” tal e como están demostrando coa implicación deste partido na Operación Orquestra ou coas contratacións irregulares na Deputación de Ourense. Presentarán unha Moción sobre éstas a pesares de que o PP demostre que Ourense é “un territorio comanche no que non se atreven a entrar”.

Losada explicou que o próximo Pleno tamén incorporará unha Moción socialista sobre a situación das caixas e criticou que o presidente da Xunta arriscara a imaxe de NCG pedindo un esquema de protección de activos co único obxectivo de confrontar co Goberno e o Banco de España. Lamentou que o presidente da Xunta cometera esta “torpeza” que prexudica á confianza do mercado na entidade.

Sinalou que as informacións que evidencian que a entidade non pedira o esquema evidencian que foi o Goberno “exclusivamente” quen provocou “que os mercados non se fíen da institución”. Reiterou que logo da decisión do Banco de España abrindo a porta ao plan de capitalización de NCG queda patente que “a seguridade para as entidades ven dada polo FROB, o Banco de España e o Goberno de España” e preguntou qué fixo a Xunta en todo este proceso.

Servizos sociais e actividade económica

Losada anunciou tamén que a próxima sesión plenaria incluirá dúas interpelacións sobre os servizos sociais e a actividade económica en Galicia, centradas en primeiro lugar no Plan de Creación de Emprego e Infraestruturas sociais anunciado polo goberno hai mais de un ano e que a día de hoxe “non ten proxección nin efectos”. Tamén interpelarán á Xunta pola licitación dos centros de saúde co sistema de financiamento público – privado.

As proposicións non de Lei centraranse nesta ocasión nos incumprimentos do Goberno galego con Ourense e a súa estratexia de “castigar aos alcaldes socialistas” e sobre a presentación “absolutamente electoralista” dun Plan de Saneamento para o Río Umia. Lembrou que “asistimos á escena vergoñenta do conselleiro de Medio Ambiente recibindo antes ao candidato do PP que ao alcalde socialista da Estrada”.

Na sesión de control ao Goberno, os socialistas preguntarán pola “xestión nefasta da vaga de lumes” que se ven de rexistrar en Ourense, así como pola falla de planificación da Consellería de Sanidade para atender no Hospital de Verín ao incremento de 80.000 pacientes procedentes do Norte de Portugal.

Tamén levarán ao Pleno as políticas “contra os eslabóns máis débiles” e nomeadamente pola retirada da priorización das vítimas de violencia de xénero dos cursos de formación laboral.

Proxecto de Lei

Os socialistas presentarán tamén, conxuntamente co Grupo do BNG, un Proxecto de Lei para resolver o réxime de propiedade dos veciños da Illa de Ons e garantir a súa coherencia coa protección medioambiental do Parque Natural das Illas Atlánticas.

Losada lamentou que a Xunta rexeitou hoxe a comparecencia da conselleira de Facenda e do conselleiro de Economía e Industria para expoñer o fracaso do Plan de I+D+i da Xunta a pesares do impacto negativo que terá no comportamento futuro da economía de Galicia, tal e como sinalan tódolos estudos, o último dos cales foi presentado recentemente por BBVA.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar