Esixen a Feijóo que dea a cara diante da corrupción que acosa ao PPdeG e diga que medidas vai tomar

Esixen a Feijóo que dea a cara diante da corrupción que acosa ao PPdeG e diga que medidas vai tomar

Esixen a Feijóo que dea a cara diante da corrupción que acosa ao PPdeG e diga que medidas vai tomar

A Secretaria de Coordinación Institucional e Participación esixiu a Feijóo que “dea a cara” ante a corrupción que “está acosando ao PP tanto en Madrid como en Galicia”.

A dirixente socialista recrimina ao Presidente do PPdeG e de Galicia que empregue “dous discursos diferentes”. Por unha parte Feijóo di que Bárcenas lle repugna, pero sobre o que está pasando en Santiago “se liminta a dicir que non é normal”, critica Laura Seara. Cando o que pasa na capital de Galicia é unha “marbellización” da vida política. A deputada socialista atopa “parecidos máis que razoables entre o que acontece en Compostela e o que aconteceu no seu día no municipio malagueño.

“O que lle repugna a 600Km. non lle repugna a cinco metros do seu despacho” reproba Seara a Núñez Feijóo. O mesmo sucede, segundo a dirixente socialista co delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez ou cos casos de clientelismo denunciados na Deputación de Ourense.

En nome da Executiva dos socialistas galegos, Seara esixíu a Feijóo que “actúe de inmediato” como Presidente do PP e como Presidente da Xunta. “Aquí non vale botar balóns fora nin tecer cortinas de fume”, advirte.

Os socialistas esíxenlle medidas ao titular do Executivo e presidente do PPdeG. “Ten que dirixirse aos galegos e ás galegas e dicirnos que vai facer” porque, a xuízo de Seara, “a retórica xa non vale en momentos tan difíciles”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar