Os socialistas esixen a Feijóo que cumpra o compromiso de elevar a participación en Novagalicia Banco

Os socialistas esixen a Feijóo que cumpra o compromiso de elevar a participación en Novagalicia Banco

Os socialistas esixen a Feijóo que cumpra o compromiso de elevar a participación en Novagalicia Banco

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, esixiu a Feijóo que cumpra co seu compromiso de acadar unha participación do 15 por cento en Novagalicia Banco. Así o dixo no debate dunha pregunta oral á Xunta na que lembrou que a día de hoxe a obra social das antigas entidades galegas só mantén o sete por cento.

Caride advertiu que os fondos actuais da obra social “só dan para o financiamento durante tres anos” e a realidade logo do proceso de fusión de Caixa Galicia e Caixanova logo da xestión de Feijóo é que “a única comunidade autónoma histórica sen caixa é Galicia”. Lembrou que “Cataluña e Euskadi non teñen a mesma situación e poden garantir a súa obra social”.

Desafiou á Xunta a explicar “cómo cre que se pode financiar toda a obra social da entidade cunha participación de só o sete por cento na entidade”. Criticou tamén que o goberno galego “non saiba nada sobre a chegada á entidade dos 700 millóns de euros de capital privado comprometidos por Castellano”.

Advertiu tamén que o PP está a anticipar “novos cambios de reestruturación do mapa financeiro” logo de escoitar declaracións dos dirixentes que apuntan cara unha “aceleración no proceso de reestruturación para promover novas fusións e menos entidades”.

Indemnizacións

A responsable socialista esixiu ao Goberno galego que faga cumprir o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento a proposta dos socialistas para que os exdirixentes das entidades devolvan as contías das indemnizacións a Novacaixagalicia para incrementar a súa participación en Novagalicia Banco. Dixo que ata o momento o ex directivo que devolveu as contías aboounas no banco e non na obra social.

Lembrou que estas contías suman 40 millóns de euros que permitirían aumentar a participación no novo banco e criticou o “silencio” da Xunta malia manter un representante nomeado na Comisión de Control da entidade sen que a día de hoxe se le coñeza unha soa xestión a favor dos intereses da Comunidade Autónoma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar