Os socialistas esixen a Feijóo que cese a Mosquera por ética e saúde democrática logo de coñecerse a sentenza do TSXG

Os socialistas esixen a Feijóo que cese a Mosquera por ética e saúde democrática logo de coñecerse a sentenza do TSXG

Os socialistas esixen a Feijóo que cese a Mosquera por ética e saúde democrática logo de coñecerse a sentenza do TSXG

Acuña considera que a conselleira debera dimitir por dignidade, despois de que o alto tribunal anulara, por desviación de poder, o proceso de selección do seu marido para a Xefatura de Servizo de Cirurxía do CHUS

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista afirma que a inexplicable e intolerable xustificación dos feitos por parte do presidente galego reside en que ambos son cómplices na privatización da Sanidade pública

Feijóo vai repartindo o Sistema Sanitario público galego entre as empresas amigas e mentres Mosquera reparte os cargos entre os amigos e familiares, acusou a deputada socialista

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, afirmou hoxe en rolda de prensa que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulando o proceso de selección no que fora elixido o marido da conselleira de Sanidade para a Xefatura de Servizo de Cirurxía do Hospital de Santiago – CHUS “eleva a solicitude a esixencia de dimisión de Rocío Mosquera de forma inmediata”. A deputada do PSdeG xustificou esta petición na “contundencia” con que se expresa o alto tribunal galego na súa sentenza.

A parlamentaria socialista considera “inexplicable e intolerable que Núñez Feijóo quixera xustificar unha cousa así”, aínda que, como recordou Acuña, “xa tentara xustificarse a si mesmo cando soubemos dos seus paseos en barco co narcotraficante Marcial Dorado polas rías galegas”.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista quere saber “cal é a razón de Feijóo para defender a Mosquera logo de que o TSXG vira desviación de poder no proceso de selección do seu marido”. Os socialistas só ven como xustificación que ao presidente galego “lle interese mantela no seu cargo porque son cómplices e socios na privatización que ambos levan emprendido da Sanidade pública”.

“Feijóo decide e Mosquera executa”, afirmou Acuña. Acusou a Feijóo de “trocear o Sistema Sanitario público para privatizalo pola porta de atrás e que non se note moito, non lle pase o de Madrid”. Mosquera, pola súa banda, “fai os decretos das áreas integradas, das axencias, das unidades de xestión clínica e ademais licita e adxudica”.

Con este método, o “tándem Feijóo Mosquera leva privatizado case todo”, acusou a deputada valdeorresa. Limpeza, seguridade, mantemento, central de chamadas, plataforma loxística, o sistema informático do Sergas, xa están privatizados. “En parrila de saída” atópanse a esterilización e a nova tecnoloxía, adiantou Acuña.

Tampouco se esquecen da privatización de infraestruturas os dous dirixentes populares. A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista distingue entre os casos en que se privatiza o hospital enteiro, como no caso do Hospital privado de Vigo e noutros casos faise polo modelo de “a cachiños”. Citou Acuña os Plans directores do CHOU e do CHUS. “Mesmo agora queren privatizar a construción en Atención Primaria cos centros de saúde”, advertiu.

Feijóo “vai repartindo o Sistema Sanitario público galego entre as empresas amigas e mentres Mosquera reparte os cargos entre os amigos e familiares”. Acuña do Campo defende que “o do seu marido non é un caso illado, hai máis denuncias e sentenzas firmes que demostran irregularidades nos procesos de selección pra cubrir as xefaturas de servizo co Goberno Feijóo”.

Citou “o caso de Pontevedra, onde hai sentenzas en contra do Sergas pola cobertura da xefatura de Servizo de Dixestivo, da de Pneumoloxía e está pendente de sentenza. O mesmo pasou en Ourense, a prima de Feijóo, Eloína Núñez, xerente do CHOU, “convocou un proceso de selección do Servizo de Psiquiatría, cremos que paralizado polo balbordo que se montou por parte dos profesionais”. Carmen Acuña acusa a Núñez de ter previsto un posto de Coordinador do Servizo de Urxencias do CHOU para o seu marido.

Recrimina ao Presidente galego que dixera que na sentenza do TSXG non houbo nin privilexios nin prexuízos. “O tribunal si fala de privilexios e sobre os prexuízos que fale co denunciante”, recomendoulle a deputada do PSdeG.

Feijóo, “por ética, por moral, por saúde democrática” debera cesar á conselleira e “o lóxico sería que Mosquera por dignidade se marchara para a súa casa”. Acuña pídelles “que reflexionen e que non esperen ao que pasou en Madrid e que teñan que ser os tribunais os que paren esta desfeita”, que a deputada socialista non dubidou en definir como “corrupción”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar