Os socialistas esixen a Feijóo “que achegue solucións para os sectores estratéxicos de Galicia, os cidadáns levan meses nunha situación de inquedanza”

Os socialistas esixen a Feijóo “que achegue solucións para os sectores estratéxicos de Galicia, os cidadáns levan meses nunha situación de inquedanza”

Os socialistas esixen a Feijóo “que achegue solucións para os sectores estratéxicos de Galicia, os cidadáns levan meses nunha situación de inquedanza”

pilar_cancelaOs socialistas galegos esixen ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que achegue solucións para os sectores estratéxicos de Galicia, os cidadáns levan meses nunha situación de inquedanza”.

Nunha rolda de prensa posterior á reunión ordinaria da Executiva galega, a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, lembrou “os problemas cos incendios, o sector lácteo ou a sanidade, que provocan unha situación moi complexa para a cidadanía”.

“Os cidadáns cren que non hai un goberno na Xunta, o que fixo o señor Feijóo foi duplicar a débeda en seis anos, de 4.800 a 10.210 millóns de euros, e todo elo sen crecemento, só con políticas austericidas e sen dar solucións aos problemas reais”, afirmou.

A Executiva aprobou o Comité Electoral e a Comisión Redactora que elaborará as propostas en clave de país que complementarán o programa do PSOE para as eleccións xerais. Asimesmo, a dirección galega ultimou a coordinación para os actos en clave municipal que terán lugar en Madrid esta fin de semana, e que culminarán coa elección de Abel Caballero como presidente da FEMP, un feito que a secretaria de Organización, Pilar Cancela, sinalou como “un obxectivo clave que se cumpre e que é de enorma importancia para o socialismo e para Galicia”.

A propia Pilar Cancela será a coordinadora do Comité Electoral, que contará con Luis Ángel Lago Lage, secretario de Administración, como vicecoordinador. Na estratexia electoral estarán Valentín González Formoso e os voceiros no Parlamento e nas Cortes Xerais, José Luis Méndez Romeu e Guillermo Meijón, así como os catro secretarios de Organización provinciais. Na parte de programa estarán os membros da Executiva Xaime Barreiro, Iván Puentes, David Regades, Luis Piña, Eva Martínez, Vicente Docasar e Aitor Bouza.

Cancela reseñou que “o excelente traballo realizado por Guillermo Meijón e polo grupo socialista galego no Congreso coas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado”, que suman 600 millóns de euros para Galicia, “serán unha importante base para as demandas e o proxecto que Galicia presentará para que sexa incluído no programa de Pedro Sánchez” e “para que o noso país recupere o investimento da etapa socialista, que o PP reduciu en 600 millóns de media anual desde que está no goberno”.

Con respecto aos actos da fin de semana, o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, estará o venres en Madrid no encontro municipalista organizado polos socialistas no que intervirá o secretario xeral, Pedro Sánchez, previo á asamblea xeral da FEMP que elixirá o sábado a Abel Caballero como presidente, e na que participarán os alcaldes e alcaldesas galegos.

Novos plans de igualdade e de formación

Na Executiva desta tarde tamén foi aprobado o Plan de Igualdade para o partido en Galicia que foi elabortado pola Secretaría dirixida por Eva Martínez, e que será presentado este mes xunto coa secretaria de Igualdade Federal, Carmen Montón.

Asimesmo, a secretaria de Formación, Josefa Hermo, presentou para a súa aprobación un novo plan para seguir formando a cargos e militantes do partido, que comezará este mismo sábado 19 no hotel Puerta del Camino coa temática da Autonomía Local e no que se tratarán temas como a Lei do Solo, a interpretación dos Orzamentos Municipais ou as competencias dos concellos en emprego e benestar social.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar