Os socialistas esixen a Feijóo “o cese inmediato da conselleira de Sanidade” pola situación de “colapso e desmantelamento” do sistema público

Os socialistas esixen a Feijóo “o cese inmediato da conselleira de Sanidade” pola situación de “colapso e desmantelamento” do sistema público

Os socialistas esixen a Feijóo “o cese inmediato da conselleira de Sanidade” pola situación de “colapso e desmantelamento” do sistema público

Carmen AcuñaOs socialistas galegos esixiron hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “o cese inmediato da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pola situación de colapso e desmantelamento do sistema público”.
Nunha rolda de prensa, a portavoz de Sanidade dos socialistas no Parlamento de Galicia, Carmen Acuña, asegurou que “se o presidente da Xunta non cesa á conselleira, teremos claro que comparten os mesmos intereses espurios: mirar polo seu e mirar polos seus”.
“Feijóo ten que dar solucións ao caos da sanidade galega pero o PP despreza a nosa petición de comparecencia da conselleira, mentres os profesionais van de denuncia en denuncia e as urxencias están colapsadas, e non vale botarlle a culpa a gripe, xa que a temos todos os anos”, afirmou a deputada socialista.
Acuña lembrou que “a situación non ten precedentes e o propio Feijóo criticou a falla de coordinación na sanidade, no PP está moi de moda pedir desculpas pero isto non é un confesionario, á cidadanía non lle chegan as desculpas porque detrás das enfermidades hai sufrimento e dor”.
“Os socialistas temos presentada unha interpelación, á que seguirá unha moción na que o presidente da Xunta terá que votar si ou non ao cese da conselleira”, manifestou a socialista, “e esperamos que sexa coherente e apoie o cese, xa que xa a ten desacreditada en público”.
A portavoz de Sanidade do PSdeG denuncia “os recurtes, copagos, contratos por hora, supresión de prazas, camas pechadas e listas de espera disparadas, desabastecemento de medicamentos, supresión de vacinas e de servizos nos hospitais comarcais, e as privatizacións xeneralizadas, en definitiva un panorama caótico”.
“O sistema sanitario está en mans de empresas amigas do PP, detrás da privatización do hospital de Vigo está a empresa na que traballa a filla da conselleira, detrás do escandaloso convenio con Povisa está o feito de que a conselleira foi traballadora do centro e todos lembramos tamén o que pasou coa xefatura de servizo do seu marido; o cese é imprescindible e ten que chegar”, rematou Acuña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar