Os socialistas esixen a Feijoo a apertura da Torre de Hércules e a solución ao conflito laboral

Os socialistas esixen a Feijoo a apertura da Torre de Hércules e a solución ao conflito laboral

Os socialistas esixen a Feijoo a apertura da Torre de Hércules e a solución ao conflito laboral

O parlamentario coruñés, José Luís Méndez Romeu, ven de manifestar ós traballadores da Torre de Hércules a solidariedade do Grupo Socialista anunciou o rexistro hoxe mesmo dunha batería de iniciativas encamiñadas a procurar solucións á situación laboral de desamparo que padecen.

Entre estas iniciativas se destaca a petición da comparecencia en Pleno do Presidente da Xunta, de quen depende a Secretaría Xeral de Turismo, para dar conta da situación da Torre de Hércules e das xestións encamiñadas á normalización do seu funcionamento e ó correcto cumprimento das normas vixentes en materia laboral por parte do Concello da Coruña.

A Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, leva pechada tres semanas. Unha decisión unilateral do Concello da Coruña - recorda Méndez Romeu - que rescindiu a prestación de servizos que permitía o seu funcionamento. Esta decisión pon en perigo a declaración feita pola UNESCO, resta milleiros de visitantes á cidade, deteriora a imaxe turística de Galicia e deixa sen emprego a 13 traballadores, afirma o deputado socialista.

Consecuencia desta decisión do concello e da inhibición da Consellería de Traballo os traballadores fican lo limbo xurídico. Nin houbo Expediente de Regulación de Emprego, nin están en activo, nin se lles recoñece dereito á percepción das prestacións por desemprego.

Para Méndez Romeu se trata dunha “grave vulneración dos dereitos laborais, con implicacións na imaxe da cidade, no dereito dos cidadáns ó uso e disfrute dos bens culturais hoxe pechados”, e considera que esta situación non debe continuar.

As iniciativas dadas a coñecer aos representantes dos traballadores ínstan á Xunta a ordenar a reposición da legalidade, indicando ó concello o procedemento axeitado e reclamar a inmediata reapertura do monumento.

Méndez recrimina ao Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, “non defender o patrimonio da humanidade, acadado co compromiso durante moitos anos de milleiros de coruñeses, de tódalas institucións cidadáns e do propio goberno municipal”, e insta a Negreira a “reflexionar sobre as prioridades da súa xestión”. “O esforzo de tantos non pode perderse pola desidia duns poucos”, afirmou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar