Os socialistas esixen “a dimisión inmediata” de Beatriz Mato pola súa implicación e a da súa consellería na trama da Operación Zeta

Os socialistas esixen “a dimisión inmediata” de Beatriz Mato pola súa implicación e a da súa consellería na trama da Operación Zeta

Os socialistas esixen “a dimisión inmediata” de Beatriz Mato pola súa implicación e a da súa consellería na trama da Operación Zeta

Soneira plenoOs socialistas galegos esixiron hoxe no pleno do Parlamento de Galicia “a dimisión inmediata” da conselleira de Traballo, Beatriz Mato. “Non lle queda outro remedio, os informes policiais deixan clara a súa implicación persoal e a da súa consellería na trama da Operación Zeta,”, manifestou a deputada Marisol Soneira.
“Non o dicimos nós, é a Policía a que recolle no sumario xudicial que houbo pagos a altos cargos do PP e ao propio partido días antes dunhas eleccións en 2011, en concreto dous pagos por valor de 17.000 euros ao PP por parte das empresas de Gerardo Crespo, quen por certo é militante do Partido Popular”, asegurou Soneira.
“Afirma vostede que comparece por petición propia, cando houbo 23 solicitudes por parte dos socialistas, e faino tres anos despois de que dúas traballadoras denunciaran as irregularidades e dous meses despois do cese do director xeral Odilo Martiñá, que vostedes disfrazaron de dimisión por motivos persoais”, sostivo Soneira.
A deputada socialista lembrou que no sumario da Operación Zeta aparece a relación entre Gerardo Crespo e o conseguidor Pachi Lucas co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a conselleira de Traballo, Beatriz Mato; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e José Manuel Romay Beccaría, actual presidente do Consello de Estado.
No sumario, manifestou Soneira, hai tamén correos electrónicos de Crespo a Feijóo nos que se pon en copia a Pachi Lucas, mensaxes nas que se indica “Feijóo vai ser clave” e os dous citados pagos ao Partido Popular no ano 2011, en datas previas ás eleccións municipais e xerais.
Os socialistas lamentaron a ausencia do presidente da Xunta na comparecencia de Mato, “xa que as intervencións telefónicas deixan clara a relación persoal do conseguidor da trama con dirixentes do Partido Popular, como o propio Núñez Feijóo ou Carlos Negreira”, engadiu Soneira, ademais do amaño de numerosos concursos públicos desde o ano 2009.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar