Os socialistas esixen a dimisión da conselleira de Sanidade por falsear os datos de gasto farmacéutico

Os socialistas esixen a dimisión da conselleira de Sanidade por falsear os datos de gasto farmacéutico

Os socialistas esixen a dimisión da conselleira de Sanidade por falsear os datos de gasto farmacéutico

Acuña do Campo, portavoz de Sanidade do GP Socialista, defendeu hoxe no Pleno unha moción esixindo a facturación de Farmacia do 2012 e acusou a Mosquera de agochar 21 millóns para mellorar o resultado de consumo de fármacos e axudar ao peche do exercicio contable

Esixiu a realización dun estudo sobre os fármacos que se receitan e non se recollen e a repercusión do repago na adhesión ao tratamento

Acuña instou a Feijóo ao cese da conselleira, do contrario, será cómplice

Reprochou a Santalices, portavoz do GP Popular, non apoiar unha iniciativa que permitiría coñecer en Galicia a porcentaxe de xubilados que non poden pagar todos os tratamentos, e que a Federación en Defensa da Sanidade Pública cifra para España no 17%

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, ven de esixir a dimisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, “por ter perdido a confianza da cidadanía, ao facer trampas coas facturas de farmacia”.

Acuña acusou a Mosquera de falsear as facturas do gasto farmacéutico do último trimestre de 2012 coa intención de mellorar o resultado do consumo de fármacos e, de paso, conseguir un mellor peche do exercicio contable. De non cesar á responsable de Sanidade, o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, será cómplice de Mosquera, afirmou.

A portavoz socialista recriminou á titular de Sanidade que, de acordo co Ministerio, o ano pasado o goberno galego agochou 21 millóns de euros, por non declarar as facturas de novembro e decembro, e que este ano xa suman 12 millóns de euros nas catro provincias. Acuña advertiu que a Xunta este exercicio tampouco pensa declarar todas as facturas de outubro, novembro e decembro do ano 2013.

Lamentou que en lugar de explicar o desfase denunciado polo goberno central -entre os 9 millóns de euros declarados pola Xunta e os 30 presentados polos colexios farmacéuticos- a Xunta opta por “perfeccionar o delito”. Acuña do Campo acusou ao goberno galego de obrigar aos colexios farmacéuticos a declarar como “produto sanitario” o que en realidade son fármacos, pero que así evita as retencións que teñen que declarar e impide o seu seguimento.

Carmen Acuña, que defendeu unha moción esixindo a documentación, afirmou que a día de hoxe “non sabemos onde están as facturas” que o ano pasado declararon os colexios farmacéuticos e a Xunta negouse a asumir.

Censurou tamén as declaracións do Executivo galego, defendidas polo portavoz do Grupo Popular, asegurando que pagan puntualmente a farmacia hospitalaria, porque, en realidade, “paga o que quere”, agochando 21 millóns de euros en 2012.

A moción dos socialistas requiría do Goberno galego para que presente a factura declarada polos colexios, o adianto abonado por farmaindustria, que ten un desfase de 1,6 millóns de euros do fondo de compensación, e o declarado polo Sergas ao Ministerio, para “comprobar quen di a verdade”.

Esta iniciativa reclamáballe tamén ao goberno galego que elabore un estudo sobre a repercusión do copago na saúde dos galegos e galegas por deixar receitas de fármacos prescritos sen retirar. Recriminou á titular de Sanidade que recoñecera implicitamente a incidencia da redución do consumo de fármacos co descenso do número de visitas a urxencias e sen embargo se neguen a facer este estudo.

Acuña presentou varias opinións de revistas especializadas internacionais como de colectivos profesionais e de usuarios que avalan a afirmación da socialista respecto á influencia do repago e os recortes en Sanidade no seguimento dos tratamentos.

The Lancet e o British Medical Journal aputan a que España pode chegara poñer vidas en risco, xa que por razóns de austeridade está a reducir os orzamentos, que xa eran dos máis baixos de Europa. The Economist alerta dunha crise sanitaria pola xestión do PP. Médicos do Mundo, citou tamén Acuña, recorda que “se poden excluír ás persoas pero non ás enfermidades” e a Federación en defensa da Sanidade Pública afirma que o 17% dos pensionistas en España non poden finalizar o tratamento por falta de recursos económicos. “Nós non temos eses datos”, dixo Acuña, por iso pedimos un estudo para coñecer a repercusión que está a ter o repago na adhesión ao tratamento.

Tamén lle solicitou que reclame no Consello Interterritorial de Sanidade un maior control do prezo dos fármacos non incluídos na Seguridade Social, que chegaron a multiplicar o seu prezo por seis.

Acuña lamentou o voto negativo do Partido Popular, que “confirma as nosas sospeitas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar