Os socialistas esixen a creación en Galicia dun centro de memoria histórica para divulgar toda a documentación existente sobre os anos de Guerra Civil e ditadura

Os socialistas esixen a creación en Galicia dun centro de memoria histórica para divulgar toda a documentación existente sobre os anos de Guerra Civil e ditadura

Os socialistas esixen a creación en Galicia dun centro de memoria histórica para divulgar toda a documentación existente sobre os anos de Guerra Civil e ditadura

Os socialistas galegos demandarán á Xunta no Parlamento a creación en Galicia dun Centro de Documentación da Memoria Histórica, co obxectivo de divulgar toda a información existente sobre os anos da Guerra Civil e da ditadura.

O grupo de PSdeG rexistrou na Cámara polo trámite de urxencia unha proposición non de lei para o seu debate en pleno e o seu portavoz, José Luis Méndez Romeu, xustifica a urxencia “na inquedanza que está a crear na sociedade este tema”.

En opinión dos socialistas, todos os países democráticos abordan de xeito semellante a súa historia, en especial os episodios máis conflitivos ou provocadores de división internas, mediante políticas públicas de información, de coñecemento e de homenaxe, ás veces tamén de reparación.

“Entendese que só o cabal coñecemento dos feitos históricos permitirá superar os traumas derivados de enfrontamentos civís e así ten acontecido en Alemaña, Francia, Arxentina, Sudáfrica e tantos outros países que soportaron períodos non democráticos na súa historia”, sostén Méndez Romeu.

En España, as leis de Amnistía, promulgadas entre 1976 e 1977, permitiron iniciar un período democrático sen presos políticos ou persoas enxuizadas por delitos relativos ás liberdades civís. A consolidación da democracia e o coñecemento progresivo de aspectos históricos silenciados durante catro décadas, fixeron agromar unha nova valoración do pasado, en especial nas xeracións máis novas.

A esa inquedanza responde a Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura. Posteriormente, outras normas autonómicas desenvolveron disposicións semellantes e complementarias.

Da preocupación existente da conta o Informe do Relator Especial para España nomeado polo Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, xa publicado e que será presentado o vindeiro 10 de setembro.

“En Galicia, no momento actual, non existen iniciativas da Xunta, nin axudas ás entidades privadas que traballan nese ámbito; de entre estas, compre sinalar o proxecto universitario de investigación Nomes e voces, que baixo a dirección do catedrático Lourenzo Fernández desenvolve o grupo Histagra”, asegura o portavoz socialista.

O labor dese grupo está recollido en diferentes publicacións, no acopio de numerosa documentación e na participación en congresos especializados. Paralelamente, a base documental é consultada por cidadáns que buscan información sobre familiares desaparecidos durante a guerra civil.

Sendo necesario poñer á disposición da sociedade galega os documentos necesarios para o coñecemento dun período da nosa historia, e dende o respecto á autonomía universitaria, os socialistas pedirán na Cámara o apoio dos grupos para instar á Xunta a “conveniar coa USC a creación dun Centro de Documentación da Memoria Histórica, que poña a disposición dos cidadáns e das institucións os fondos documentais do proxecto de investigación Nomes e voces, facilitando a consulta, divulgación e reutilización dos mesmos”.

A proposición inclúe ademais a petición dun “convenio co grupo de investigación Histagra, a continuidade dos seus traballos e a divulgación dos mesmos na comunidade científica internacional, así como o inicio dunha liña de divulgación dos documentos existentes, dirixida ó ensino, e a produción, por parte da Corporación da Radio Televisión de Galicia, dunha serie documental a partires dos fondos documentais existentes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar