OS SOCIALISTAS ESIXEN A COMPARECENCIA URXENTE DOS CONSELLEIROS DE ECONOMÍA E MAR PARA QUE EXPLIQUEN “QUE MEDIDAS VAN ADOPTAR” PARA AXUDAR A FANDICOSTA

OS SOCIALISTAS ESIXEN A COMPARECENCIA URXENTE DOS CONSELLEIROS DE ECONOMÍA E MAR PARA QUE EXPLIQUEN “QUE MEDIDAS VAN ADOPTAR” PARA AXUDAR A FANDICOSTA

OS SOCIALISTAS ESIXEN A COMPARECENCIA URXENTE DOS CONSELLEIROS DE ECONOMÍA E MAR PARA QUE EXPLIQUEN “QUE MEDIDAS VAN ADOPTAR” PARA AXUDAR A FANDICOSTA

Os socialistas galegos rexistraron no Parlamento varias peticións de comparecencias urxentes de membros do goberno galego, co obxectivo de que expliquen as medidas que pensan tomar para que Fandicosta recupere a súa actividade.

“Desde o grupo parlamentario socialista queremos mandar unha mensaxe de ánimo a Ángel Martínez e os 110 traballadores da empresa Frigoríficos Fandicosta, que ardeu o luns destruíndo o traballo de máis de vinte anos e o futuro de moitas familias da comarca”, asegura Carmen Gallego, viceportavoz do PSdeG na Cámara.

O PSdeG esixe a comparecencia urxente do conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a conselleira de Mar, Rosa Quintana, para que expliquen “que medidas van adoptar para que a factoría Fandicosta recupere a súa actividade e o emprego coa máxima urxencia”.

Os socialistas galegos demandaron tamén que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, aporte explicacións e todos os datos sobre “a actuación dos servizos de emerxencias e a coordinación destes servizos na extinción do incendio”.

Con relación a este último tema, o grupo do PSdeG rexistrou unha pregunta urxente para a súa resposta en pleno. Ante a alarma xerada pola negativa da Xunta, a través da Central de Emerxencias 112, durante unha hora a que os bombeiros de Vigo, o corpo con medios materiais e humanos máis importante da provincia, colaboraran na extinción do lume que tivo lugar en Fandicosta, os socialistas preguntan se “considera o goberno galego que os servizos de emerxencias en Galicia deben de antepoñer os intereses xerais a calquera outro tipo de intereses”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar