Os socialistas esixen a comparecencia do secretario xeral para o Deporte por asinar convenios “exclusivamente con concellos do PP”

Os socialistas esixen a comparecencia do secretario xeral para o Deporte por asinar convenios “exclusivamente con concellos do PP”

Os socialistas esixen a comparecencia do secretario xeral para o Deporte por asinar convenios “exclusivamente con concellos do PP”

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou a comparecencia do secretario xeral para o Deporte na Cámara autonómica por asinar convenios “case exclusivamente con concellos do PP”. Así o dixo logo de evidenciar que os municipios do PP asumen o 98 por cento das axudas cando gobernan a en torno ao 30 por cento da poboación.

A responsable socialista presentou tamén unha Interpelación para que o Goberno galego “explique con claridade por qué destinaron en 2010 5,2 millóns de euros a convenios con concellos do PP e só 100.000 euros para todos os demais”. Esixiu que a Xunta responda da relación de convenios desta Secretaría Xeral correspondente ao ano 2010 e que foron publicados no DOG o pasado 21 de febreiro.

Acuña dixo que “Galicia e os galegos e galegas non merecen unha manipulación das axudas públicas e un desprezo de tal calibre pola xestión duns orzamentos que proceden dos impostos de todos e todas”.

Por este motivo reclama á Xunta que expoña na Cámara autonómica os supostos criterios que seguiu para a distribución destes convenios, así como que explicite “cantos e cales dos proxectos contemplados nestes convenios se corresponden con actuacións repartidas en varias anualidades”.

Tamén pregunta ao Executivo que explique “cómo se van a abordar estes convenios co orzamento de que se dispón no ano 2011”, logo de que os orzamentos de transferencias para infraestruturas deportivas baixaran dende os 4,9 millóns ata os 272.000 euros e as partidas para funcionamento operativo e infraestruturas deportivas pasaran de 10,7 a 1,4 millóns de euros entre 2010 e 2011.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar