Os socialistas empregarán todos os recursos ao seu alcance para que Feijóo dea conta da relación das empresas de Dorado coa Xunta cando eran amigos

Os socialistas empregarán todos os recursos ao seu alcance para que Feijóo dea conta da relación das empresas de Dorado coa Xunta cando eran amigos

Os socialistas empregarán todos os recursos ao seu alcance para que Feijóo dea conta da relación das empresas de Dorado coa Xunta cando eran amigos

O Portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, afirmou en declaracións aos medios antes da manifestación de apoio ao galego, que nunca escoitara no Parlamento galego que ningún deputado chamara a ninguén narcotraficante ao presidente Feijóo. O que si se dixo, apuntou, é que “fixéronse fotos inmorais e impropias cun narcotraficante”.

Para Losada, Feijóo ten todo o dereito do mundo a querelarse contra quen considere, pero indicou que o que debe facer o Presidente é contestar ás preguntas que se lle fan na sesión de control e non faltar á verdade e ocultala de “maneira escandalosa”.

O voceiro socialista cualificou que “inexplicable” a comparecencia do Secretario Xera

l do SERGAS en comisión para contar que a información que pide a oposición é “excesiva”.

Para Losada trátase dun exemplo máis de emprego do Parlamento por parte do Executivo de Feijóo como “un plató de televisión” onde exhibir os trucos e a súa propaganda. Descartou o portavoz que, tal como afirmara o Presidente galego, haxa unha obriga de destruír os documentos e a información anterior, polo tanto Feijóo “ten que dar conta” no Parlamento.

Os socialistas empregarán todos os recursos parlamentarios ao seu alcance para conseguir a información que ata o de agora non ofreceu Feijóo á cámara e xa advirte o seu voceiro que non se van conformar coa que lle deron a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), “un absoluto insulto á intelixencia”.

O que reclaman os socialistas son as “relacións que tivo o Sr. Feijóo co Sr. Dorado”, que tiña un entramado empresarial altamente complexo e que os socialistas queren coñecer cales eran as relacións destas empresas coa Xunta cando Feijóo era Secretario Xeral do SERGAS, e manexaba a unidade de gasto máis importante da Xunta.

zp8497586rq

32641281A

Pechar