Os socialistas dudan que só un de cada catro galegos que saíron do mercado laboral se rexistren nas oficinas de emprego

Os socialistas dudan que só un de cada catro galegos que saíron do mercado laboral se rexistren nas oficinas de emprego

Os socialistas dudan que só un de cada catro galegos que saíron do mercado laboral se rexistren nas oficinas de emprego

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, non cree que os datos do paro en Galicia mostren que “só un de cada catro galegos que saíron do mercado laboral se rexistren nas oficinas de emprego”. Losada afirmou isto despois de confirmar que o paro a dia de hoxe en Galicia “é de 2.000 persoas” e a caída de afiliación na seguridade social “é de 8.000 persoas”.

“É imposible estatisticamente que 8.000 persoas deixen de cotizar na seguridade social e só 2.000 se inscriban no correspondente organismo”, critica Losada. “Eu non o creo, seguimos na nebulosa, na propaganda, na mentira e na publicidade”, lamentou.

O portavoz do Grupo Parlamentario comparou estes datos cos de España, onde “a caída de afiliación sitúase en 86.000 persoas con 80.000 persoas no paro”, explica. “En España un 93% das persoas que saíron do mercado laboral rexístranse no INEM”, asegurou.

Deputación Permanente

Os socialistas solicitaron hoxe, na Deputación Permanente, a comparecencia de Feijoo no Parlamento de Galicia para explicar o seu nivel de coñecemento e xestións, tendentes a solucionar a devolución das participacións preferentes adquiridas pola cidadanía de Galicia.

O PSdeG-PSOE recrimínanlle a Feijoo que a día de hoxe “só compareceu no ano 2009 e nas veces que foi obrigado polo Regulamento”, polo que “sería un bo momento como remate de lexislatura comparecer no Parlamento”.

O socialista asegura que Feijoo chegou o goberno “cuns Audis que usaba no mandato de Fraga como vicepresidente e vaise de novo ca publicidade, a propaganda e a mentira”. Ademais, asegura que “xa van seis decisións da Xunta Electoral Central que din que o goberno vulnera a Lei Electoral”.

“Onte asistimos sorprendidos a un novo paradigma formulado por Feijoo que dixo que en ausencia de financiación privada, o déficit 0, supón un crecemento dun 100%”, asegurou. “Con estas mentiras resulta difícil facer política e discutir con seriedade de política e de economía”, lamentou Losada.

O portavoz do Grupo Parlamentario lamentou que existan “45.000 persoas afectadas pola estafa das preferentes, que chegan a 70.000 se consideramos os titulares das obrigacións subordinadas”.

Lamentou que isto “é un drama socioeconómico para moitas familias en paro” e fronte a isto “asistimos a foto de Feijoo cos directivos de NovaGalicia Banco e a Conselleira de Facenda en Monte Pío”.

“Ante estas cifras o único que fixo a Xunta de Galicia foi agochar a cabeza e arbitrar unha vía a través do Instituto Galego de Consumo para que algunhas persoas recuperasen os seus aforros”, sentenciou. Ademais, Losada asegura que a devolución dos aforros “se fai cunha certa selección”.

“Non estamos en contra do arbitraxe, pero si da selección dentro do mesmo, que si nos consta que existe”, explica.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar