Os socialistas do Barbanza demandan á Xunta un maior apoio para a comarca nos orzamentos xerais do 2015

Os socialistas do Barbanza demandan á Xunta un maior apoio para a comarca nos orzamentos xerais do 2015

Os socialistas do Barbanza demandan á Xunta un maior apoio para a comarca nos orzamentos xerais do 2015

A secretaria de Organización, Pilar Cancela, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos socialistas da comarca do Barbanza

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, defendeu esta tarde a importancia do Barbanza e demandou, xunto aos socialistas da comarca, un maior apoio nos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano 2015.

Cancela mantivo esta tarde unha reunión de traballo en Boiro coas agrupacións do PSdeG de Barbanza. Os socialistas desta comarca, baixo a coordinación de Carlos Gey, criticaron con dureza que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo só destinase 4,67 euros por habitante ao Barbanza nas contas do 2014, polo que esperan que a situación non se repita.

Os recortes reflíctense en sectores estratéxicos como a sanidade e o ensino. De feito, hai uns días o PSdeG denunciou a supresión de 151 profesores na comarca do Barbanza desde o 2010.

A secretaria de Organización lembroulles a importancia que terán as próximas eleccións municipais. “Os socialistas temos unha concepción dos municipios que non ten nada que ver coa do Partido Popular, que entende que se trata de institucións que molestan para o seu exercicio do poder”, manifestou Cancela.

Os cinco anos de Feijóo na Xunta provocaron unha merma das competencias municipais, ao marxe de máis paro, débeda e un imparable declive demográfico. Por iso, os socialistas galegos consideran que chegou o momento de “contraatacar” e demostrar que hai outra forma de facer política, unha política baseada na creación de emprego e na defensa dos servizos públicos.

A secretaria de Organización celebra dende hai meses reunións coas agrupacións locais de toda Galicia para explicarlles o proxecto socialista liderado por José Ramón Gómez Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar