Os socialistas din que os orzamentos da consellería do Mar son “erráticos e pouco cribles”

Os socialistas din que os orzamentos da consellería do Mar son “erráticos e pouco cribles”

Os socialistas din que os orzamentos da consellería do Mar son “erráticos e pouco cribles”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, afirmou que os orzamentos da Consellería do Mar “reflicten o peso político de determinados departamentos da Xunta”, e subliña que aínda que aumentou os seus investimentos, advirte que non deixa de perder peso relativo. Lembra que no ano 2009 Portos de Galicia tiña 58 millóns euros mais, e criticou a inacción da Xunta “xa que non é capaz de gastar o seu propio orzamento”.

Cualificou de “errática” a política pesqueira da Xunta, por iso dixo que eran “poucos cribles”, os seus orzamentos. Nese senso aludiu a reorganización no organigrama da Consellería do Mar “en beneficio de intereses partidarios”, e asegura que foi unha decisión “allea a da propia Consellería”. Soneira interveu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento, na que compareceu a Conselleira do Mar para presentar o seu orzamento.

A portavoz de pesca afirmou que Rosa Quintana non defendeu hoxe “ningún dos proxectos” presentados polo anterior director de Portos de Galicia, Alvarez-Campana, en alusión ao famoso Goletazo, ou a batea que pasearon pola Mariña de Lugo. Dixo que non puxo encima da mesa ningún compromiso, e denunciou o recorte dun 41.6% no investimentos, e preguntou polas obras nos portos de Xinzo de Limia, Anllons ou Cereixo.

Soneira tamén quere coñecer as explicacións da Consellería sobre o aumento de persoal deste ente, xa que por un lado investimentos baixan, pero o persoal pasa de 114 persoas a 133 persoas, aumentando o gasto de persoal case un 17%. Dixo que en Portos van a facer “menos con mais xente”.

Tamén criticou as promesas da Consellería no que se refire aos plans de pensións para as mariscadoras, asevera que tiveron que asinar un “acordiño”, e advirte que estas persoas levan meses adiantando estes pago con moito sacrificio.

A deputada amosouse “sorprendida” pola preocupación da Consellería sobre o salvamento marítimo, xa que afirma que a primeira decisión que tomou “foi suprimir unha base que estaba previsto construír e anular o seus concurso”, na Costa da Morte.

Loita contra o Furtivismo

Sobre a loita contra o furtivismo lembrou a folga de fame do Patrón Maior de Baiona, Fernando Leyenda, “porque a Consellería do Mar non esta cumprindo coa súa obrigación”. Sobre os investimentos reais dixo que baixa este capitulo 1.6millons de euros.

Soneira lembrou unha proposta do PSdeG-PSOE, pero que sempre rexeita o Goberno de Feijoo, para dignificar a vida dos traballadores do Mar, xa que reclama que se instalen duchas e baños nos peiraos.

No que se refire a acuicultura de Galicia denuncia que o Goberno de Feijoo non puxo en marcha ningún proxecto novo. Asegura trasladaron recursos europeos a exercicios de anos siguientes porque non foron capaces de gastalos, modificaron a lei para que as empresas adquiriran como patrimonio propio as fincas á beira do mar e para que se fagan donos do mellor patrimonio de Galicia, e no caso que non haxa acordos as empresas poidan expropiar. Cualificou esta actitude como “unha fuxida cara adiante”.

Soneira explica que no Programa de Competitividade e Mellora da Producción pesqueira da acuicultura é inferior en 4 millóns, co ultimo de 2009, polo tanto “a aposta é relativa”.

Argumenta que nos Programas sobre ensinanzas pesqueiras recortan case 400.000 euros na formación, e si se compara con 2009, 1.5 millón de euros menos. Advirte que a partida para a flota artesanal so é de 500.000 euros, e denuncia que hai confrarías que están esperando a día de hoxe cobrar os convenios asinados coa súa Consellería.

Peso político da Consellería

A deputada tamén criticou as decisións da Xunta sobre as reinstalacións de zonas C, “para tomar decisións de este tipo hai que ter peso político e vostede ten moi pouco”, espetoulle.

Soneira afirmou que os orzamentos son sectarios, e preguntoulle si vai seguir coa súa persecución aos parquistas de Carril ou Consello Galego Regulador do Mexilon.

Investigación esquecida

Por ultimo denunciou que os equipos de investigación das Universidade están esquecidos nos orzamentos, e insistiu “non aplique as súas fobias persoais neste asunto”, e emprazouna a apostar decididamente pola investigación como motor de cambio nestes momentos de crise.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar