Os socialistas din que o goberno de Feijoo “serrou tódalas columnas da investigación universitaria de Galicia”

Os socialistas din que o goberno de Feijoo “serrou tódalas columnas da investigación universitaria de Galicia”

Os socialistas din que o goberno de Feijoo “serrou tódalas columnas da investigación universitaria de Galicia”

O Portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga interveu hoxe na Comisión 4ª do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo que eleve o numero de beneficiarios do Programa Parga Pondal, no entorno de 40, e que garanta o financiamento integro do programa. Ademais solicitou que estableza un procedemento que permita aos investigadores con cualificación Colmeiro positiva e acreditacion ANECA concursar a prazas que permitan a continuidade das súas tarefas de investigación. A proposta foi rexeitada polo PP.

Alí acusou ao Goberno do PP “de serrar tódalas columnas das políticas da investigación universitaria en Galicia”. Ademais criticou o nulo consenso do Goberno de Feijoo coas Universidades de Galicia.

Dixo que este é un aspecto central da política de investigación en Galicia, xa que afecta ao corazón do programa de recursos humanos e incide directamente no desenvolvemento da carreira investigadora.

Na súa intervención lembrou que na pasada lexislatura existía unha carreira investigadora deseñada, con diversos programas que se continuaban e permitían un horizonte de estabilidade. Dixo que si acadan un bo rendemento “podían progresar e consolidarse como investigadores, e establecer un horizonte de futuro”.  

Por iso neste punto preguntou “cal é hoxe a carreira investigadora que promulga o Goberno de Feijoo, ou cal é o novo itinerario que substituíu o que xa existía”?, insistiu.

Leiceaga subliña que esta proposta promove a incorporación de doutores, con acreditada experiencia internacional e normalmente con grande capacidade para captar proxectos e desenvolvelos, a institucións públicas (universitarias e outras) da Comunidade Autónoma. Sobre a acreditada experiencia Leiceaga sinala que garántea a mesma convocatoria, nas súas bases, moi esixente, e no que se refire a

capacidade de captación,  algún estudo indica que os Parga Pondal captan como Principais máis de 7 millóns de euros en proxectos e outros 32 participando en iniciativas investigadoras, en 7 anos.

A continuidade depende da Xunta

Relata que cando o Programa Pardal remata, e unha vez superada a imprescindible avaliación, os datos da Xunta revelan que dos 42 Parga Pondal presentados, 39 superaron a proba. Pero advirte que a “súa continuidade depende da Xunta e das universidades”.

Lembra ademais que a Xunta “comprometeuse por escrito a financiar durante tres anos os contratos derivados da continuidade destes investigadores” e proseguiu “pero as Universidades non teñen a obriga de facelo e, moitas veces, depende de cambios nos departamentos ou de estratexias universitarias que non teñen por qué coincidir co interese xeral”. Así as cousas denuncia que “nalgúns casos hai menos prazas que candidatos ou simplemente non se saca a praza, impedindo a opción do investigador e condenándoo a marcharse ou a abandonar a súa tarefa”.

O parlamentario socialista afirma que os Parga Pondal “situados en centros de investigación dependentes da Xunta non tiveron a oportunidade de continuar, o que constitúe un exemplo perverso, e estanse concedendo novos Parga Pondal a algúns departamentos que non favorecen a oportunidade de consolidación dos antigos”.

Leiceaga denuncia que os investigadores vense forzados a marcharse ou abandonar a investigación “coa perda de capital humano que supón para Galicia”, resumiu.

Dramática reducción dun 77%

Explica que na convocatoria 2006 convocáronse 62 prazas, comprometendo 3,84 millóns de euros. Replica que no ano 2010, última convocatoria, “e despois de 1 ano en branco, tan só hai convocadas 15 prazas , o que supón un descenso ou axuste ou recorte dun 77%, comprometendo só 1,38 millóns de euros”, advertiu.

Por iso cualifica esta situación como “unha dramática reducción da captación e consolidación do talento, contradicindo o Programa I2=C”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar