O goberno de Feijoo “maltrata e atranca aos dependentes galegos”

O goberno de Feijoo “maltrata e atranca aos dependentes galegos”

O goberno de Feijoo “maltrata e atranca aos dependentes galegos”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar mediante unha proposición ao Goberno de Feijoo poñer as medidas axeitadas para que a Lei de promoción da autonomía persoal se cumpra nos seus propios termos. Tamén reclamou asegurar que os/as solicitantes de dereitos, servizos e prestacións derivados da lei os reciban conforme ao solicitado nas condicións previstas na mesma. E por ultimo que se aseguren prazas públicas en infraestruturas sociais (residencias, centros de día e noite,  etc) que garantan a cobertura da demanda de praza de persoas dependentes.

A proposta foi aprobada coa abstención do Partido Popular.

Sestayo denunciou que dende a chegada de Feijoo incrementouse nun “400%” as solicitudes de dependencia na nosa Comunidade. Na súa intervención preguntou pola famosa paxina web que ía poñer en marcha a Xunta cos datos da dependencia en Galicia “onde esta?”, ironizou.

Ademais denunciou os constantes recortes nos fondos para os dependentes galegos.

Dixo que o Goberno de Feijoo “segue maltratando a atrancando a lei da dependencia en Galicia”.

Cualificou de “patética, lamentable e denigrante” a política de dependencia do Goberno de Feijoo.

A deputada advirte que a falla de vontade política do Goberno de Feijoo na aplicación da Lei da dependencia vén xerando situacións complicadas que, de feito, conducen á vulneración da Lei, a desatención das persoas grandes dependentes en Galicia, o abandono das políticas públicas neste eido e a descarga das responsabilidades propias noutras administracións, sinaladamente polo que respecta a esta pregunta,  aos concellos.

A parlamentaria advirte que a falta de resolución da Xunta dos expedientes derivados da Lei de dependencia nos que se solicitan servizos diferentes á axuda a domicilio, leva ás persoas grandes dependentes e as súas familias a solicitar a modificación da prestación. Replica que as persoas que están en medio dalgún trámite relacionado coa lei ve como, na meirande parte dos concellos, sinaladamente os que contan con gobernos socialistas, os servizos municipais dan resposta á axuda a domicilio, moitas veces á costa dos recursos propios mentres a Xunta esquiva a súa responsabilidade.

Subliña que “esta é a causa da modificación da solicitude de prestacións por parte dos demandantes de dereitos e servizos contemplados na Lei de promoción da autonomía persoal cara a solicitar esta axuda”.

Suspensión

No transcurso do Debate desta iniciativa a Comisión foi suspendida novamente pola petición do Presidente da Comisión, o deputado popular Miguel Santalices, que pediu moderación a tódolos portavoces no Debate desta proposta.

Sestayo amosouse sorprendida das criticas verquidas pola representante do PP, a deputada Marta Rodriguez Arias, xa que asegura que a deputada popular moléstalle que en Galicia “se faga oposición”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar