Galicia vai perder o tren da modernidade por culpa da incompetencia do PP

Galicia vai perder o tren da modernidade por culpa da incompetencia do PP

Galicia vai perder o tren da modernidade por culpa da incompetencia do PP


O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu hoxe no Pleno da Camara para defender unha interpelación coa que denunciou “o descarrilamento da chegada da alta velocidade a Galicia”, coa chegada do Goberno do PP á Moncloa e en Galicia. Afirma que Galicia non merece un Presidente que lles minta. E insistiu nas súas criticas “vamos a perder o tren da modernidade en Galicia por culpa da incompetencia do PP”. Dixo tamén que non vai consentir a data de 2018, anunciada polo PP, como a da chegada do AVE a nosa Comunidade.

Asegura que dende que Feijoo esta en Monte Pio “pasamos do tigre de bengala dos Peares ao gatiño meloso de angora”, ironizou. Afirma que o panorama é desolador “estamos diante do involución e do atasco da alta velocidade a Galicia e os galegos non se merecen isto”. E advirte que mentres Feijoo recorre España “apostando pola transcantabrica”, por iso comparou a súa actitude coa dun “telepredicador”.

O parlamentario lembrou na súa intervención as constantes declaracións da Ministra de Fomento sobre a chegada do AVE a Galicia “pero sen ningún compromiso”. Na súa toma posesión a Ministra asegurou que o seu Ministerio “seria un estímulo para a recuperación económica”. Na visita do viaduto do Ulla anunciou o retraso no eixo atlántico a 2014. E no mes de febreiro publicitou unha adxudicación de 8 tramos por un importe de 982 M€ . Ademais tamén tivo tempo de cuestionar a variante de Ourense “a gran navallada á cidade”.
E trala reunión entre o Presidente da Xunta e o Presidente Rajoy na Moncloa “o único anuncio que houbo sobre este tema é que lamentablemente non se anuncia ningún compromiso”.

Todo esta en revisión

Asevera que o Norte de España vai perder o tren da modernidade, da oportunidade e para seguir medrando economicamente “porque o PP quere condearnos a esperar, e Feijoo e cómplice desta espera”.

O parlamentario dixo que tódalas infraestruturas están en revisión “as estacións, as integracións nas cidades, a conexión coa meseta, o eixe atlántico ou o tramo Ourense-Lugo”.

López Vidal asegura que Galicia merece un Presidente “serio que lle diga a verdade aos galegos e que non lles minta”. Lembra que no ano 2009, asinouse o Pacto do Obradoiro, que aínda segue vixente “pero o PP non quere saber nada de isto”.

Por ultimo subliñou a inversión realizada polo Ministro de Fomento Jose Blanco, que foi quen de mudar un AVE de terceira de división por un de primeira. Sinala ademais que a media de licitación na pasada lexislatura foi de 686 millóns de euros, e reclama esta mesma media para rematar o AVE no ano 2015.

Pactos ocultos do PP

Denunciou que nos orzamentos Xerais do Estado que se van aprobar esta mesma semana “non van aparecer os 665 millóns de euros comprometidos para a chegada do AVE a Galicia”. E preguntou polos pactos ocultos de Mariano Rajoy co Goberno catalán, e acusouno de priorizar os intereses do PP en vez dos galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar