Os socialistas din que Fomento ten “os deberes feitos” sobre o transporte ferroviario e critican “a inacción da Xunta”

Os socialistas din que Fomento ten “os deberes feitos” sobre o transporte ferroviario e critican “a inacción da Xunta”

Os socialistas din que Fomento ten “os deberes feitos” sobre o transporte ferroviario e critican “a inacción da Xunta”


O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu hoxe no Pleno do Parlamento para defender unha emenda sobre a recuperación da liña convencional de transporte ferroviario do Eixe Atlántico “Vigo- A Coruña”.

O deputado reclamou á Xunta “colaborar de forma leal e proactivamente no proxecto de vertebración ferroviaria interior que está executando o Ministerio de Fomento no Eixo Atlántico, para que no futuro inmediato queden articulados e garantidos os tráficos de proximidade e de mercadorías en todo o seu percorrido”.

Na súa intervención lembrou que os galegos aportamos 30.000 millóns das antigas pesetas para execución deste convenio, do que asegura “era competencia do Estado, que presidía Jose Maria Aznar”. E afirma que “agora o Goberno de Feijoo esixe moito, pero non cumpre coas súas obrigas”.

O parlamentario socialista replica que a Xunta Feijoniana adicase a “obstruír e a lamentarse”, espetou. Nese senso preguntou que xestións esta levando a cabo o Goberno de Feijoo para atraer o tren de cercanias, nada de nada”, resumiu.

Subliña tamén que co novo mapa de rede transeuropeas de transporte “a alta velocidade e o transporte de mercadorías da nosa Comunidade queda blindada”.

Con estes argumentos afirma que o único responsable da planificación chapuceira das infraestructuras viarias galegas “é o PP”, algo que cualificou como unha “herdanza envelenada”.

Mensaxe a Feijoo

López Vidal replica que o Ministerio de Fomento “ten os deberes feitos”, e critica as constantes difamacións verquidas polo PP “intentan constantemente desacreditar o maior investimento publico da Historia de Galicia en infraestructuras de transporte”. E envioulle unha mensaxe ao Goberno de Feijoo “cunha postura vitimista e con resignación non se constrúe nada, nin portos, nin AVE, nin pais”, resumiu.

Por ultimo dixo que “tralo traballo e o investimento realizado polo Goberno Socialista no Eixo Atlántico, esta garantizado o transporte de viaxeiros e de mercadorías”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar