Feijóo pretende facer o maior ERE contra a escola pública en Galicia

Feijóo pretende facer o maior ERE contra a escola pública en Galicia

Feijóo pretende facer o maior ERE contra a escola pública en Galicia

Os deputados do Grupo Parlamentario Socialista Guillermo Meijon Couselo, Xoaquín Fernández Leiceaga, Francisco Cerviño e Concepcion Burgo participaron hoxe, en Santiago, na manifestación do colectivo docente non universitario, apoiada polos sindicatos FETE-UTG, CIG, CC.OO, ANPE, STEG e CSI-CSIF, co obxectivo de esixir a retirada da proposta de incremento do horario lectivo para o profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria.

En declaracións aos medios de comunicación minutos antes de empezar a manifestación o portavoz de Educación Guillermo Meijon dixo que esta convocatoria serve para denunciar “os maiores recortes que se lembran  en Galicia contra o sistema educativo público", subliña que Feijoo “quere facer o maior ERE en Galicia contra a escola publica”.

Pola contra denunciou que o Goberno de Feijoo “incrementa os fondos da ensinanza privada”, espetou. E dixo que “hai Directores Xerais da Xunta que se burlan dos docentes galegos”, en alusión as declaracións feitas en sede parlamentaria polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, José Manuel Pinal, nas que declarou que “os profesores marchan para a casa e non traballan”. Cualificou estas palabras coma “unha burla intolerable”.

Asegura que dende achegada do Goberno de Feijoo á Xunta “emprendeuse unha campaña de desprestixio contra a ensinanza pública”, xa que denuncia que “cada año merman os seus recursos tanto materiais coma humanos".

1.100 prazas sen cubrir

Sobre o inicio do curso escolar o parlamentario socialista afirma que a día de hoxe “hai mais de 1.100 prazas de profesores que non están cubertas” e di que “a Xunta aínda non sabe o que vai facer a 2 días de empezar o curso”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar