Os socialistas din que as propostas de Feijoo para as cámaras de comercio de Galicia son “os recortes e plans de viabilidade”

Os socialistas din que as propostas de Feijoo para as cámaras de comercio de Galicia son “os recortes e plans de viabilidade”

Os socialistas din que as propostas de Feijoo para as cámaras de comercio de Galicia son “os recortes e plans de viabilidade”

O portavoz de Industria do Grupo Parlamentario Socialista, Jose Luís Méndez Romeu interveu hoxe na Comisión 6º do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre as liñas de traballo que impulsa a Xunta en relación coas cámaras de comercio de Galicia. Alí denunciou que as propostas do PP para as Cámaras de Comercio de Galicia “son recortes e plans de viabilidade”.

O parlamentario socialista explicou que a desaparición do recurso cameral, unha normativa adoptada polo Goberno Central a petición dos empresarios, pode supoñer unha minoración de ingresos de arredor dun 40%, aínda que sinala que as Cámaras teñen outras fontes de financiamento. Explica que neste contexto engádese ademais a caída da facturación derivada da situación económica actual.

Méndez Romeu dixo que a situación en Galicia afecta a 9 cámaras que teñen 160 empregados e que chegaron a ter un orzamento de 20 millóns de euros. Lembra tamén que xa se produciron varios EREs en distintas Cámaras, como a de Ferrol e a revisión dos custes salariais en Lugo.

Subliña que desde a Xunta empezáronse a realizar diferentes negociacións, pero “sen chegar a día de hoxe a ningún acordo”. O deputado replica que as medias de reorganización deben de actuar sobre a “actividade e os recursos”. Argumenta que as Cámaras debe procurar novas formas de financiamento “como unha nova carteira de servicios, revisión dos custos ou taxas novas”.

O deputado relatou que 6 de abril a Xunta solicitou ás Cámaras de Comercio de Galicia unha análise dos custes de persoal e os orzamentos, xa que advirte “existían elevados retribucións e postos directivos das Cámaras ou elevados gastos de representación”.

A maioría das Cámaras non presentaron os orzamentos para o ano 2012

Así as cousas Méndez explica que despois de 7 meses as Cámaras de Santiago, Coruña e Pontevedra aínda non presentaron ningún informe, e subliña ademais que a maioría das Cámaras “tampouco presentaron os orzamentos para o ano 2012 nin os plans de viabilidade”.

O portavoz de Industria advirte que o Goberno de Feijoo ten “decidido xa a externalizacion dos servicios que viña desenrolando o Instituto Galego de Promoción Económica”, neste eido. Dixo que esta externalizacion fíxose nunhas condicións curiosas “concedéronse 18 millóns de euros sen concurso publico para que a Confederación de Empresarios realice un traballo que antes realizaba a propia administración autonómica”.

Vai incrementar o orzamento de 1.2 millóns de euros do ano 2012?

Por iso preguntou cal é o futuro que considera a Xunta para as Cámaras de Comercio de Galicia “vai incrementar o orzamento de 1.2 millóns de euros do ano 2012?”. E proseguiu “ou vai impulsar a extinción de emprego nas actuais cámaras?, ou vai impulsar novos servicios?”, resumiu.

Sobre a actual situación das Cámaras dixo “non podemos esperar a que se solucione sola”, e denuncia que o Goberno de Feijoo “non fixo absolutamente nada a pesar das inquedanzas trasladas polos traballadores e os representantes das mesmas”.

Emprazou ao Goberno de Feijoo “a chegar acordos” neste asunto, e sinala que a Xunta non ten explicitado vías de futuro paras as Cámaras de Comercio de Galicia.
Asegura que a incertidume sobre a súa viabilidade “tena que despexar o Goberno de Feijoo”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar