Os socialistas din que apoio de Núñez Feijoo ao sector vitivinícola de Galicia “foi nulo”

Os socialistas din que apoio de Núñez Feijoo ao sector vitivinícola de Galicia “foi nulo”

Os socialistas din que apoio de Núñez Feijoo ao sector vitivinícola de Galicia “foi nulo”

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes cualificou hoxe de “lamentable e oportunista” a comparecencia na Comisión 7ª do Parlamento da Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias na que deu conta do balance da vendima de 2011. Asegurou que foi un debate “oco”.

Dixo que o Partido Popular en plena campaña electoral non ten nada que ofrecerlle aos galegos/as nin aos agricultores e gandeiros galegos. E insiste nas súas criticas “o único que lle poden ofrecer aos galegos/as son recortes, incompetencia, despilfarro e negocio para os amigos”.

A deputada denunciou que o Goberno de Feijoo recortou dende que chegaron ao goberno da Xunta na promoción e na comercialización dos caldos que se producen ao amparo das 5 DO galegas e de calidade amplamente recoñecida. Ademais recortaron para a comercialización e a industrialización dos produtos agroalimentarios 12,5 millóns de euros, e mais dun 50% para a promoción das produccións de calidade diferenciada, o que supón un 7,5 millóns de euros. Por iso preguntoulle que esta facendo o Goberno de Feijoo pola promoción e difusión dos viños galegos.

Verdes lembrou que o Partido Popular votou en contra no Parlamento dunha iniciativa socialista para promover os contratos homologados co fin de garantir precios xustos para os viticultores, cando advirte “é competencia exclusiva da Xunta de Galicia”.

Tamén aludiu aos contratos nas Rías Baixas “qué fixeron vostedes por chegar a un acordo no Ribeiro”, replicou. Nese senso asegura que había un acordo das cooperativas para homologar o contrato, pero denuncia que “fracasaron”.

Sobre o Plan de infraestructuras critica que esta “paralizado”, e lamenta que os concellos de Galicia que teñen maior actividade vitivinícola “quedaron excluídos das actuacións dos proxectos de accesos a explotacións”. Advirte que hai un acordo parlamentario para compensalos, “pero seguen desesperando”.

Recortes nos Consellos Reguladores das DO de case un 50%

Subliña que hai recortes nos Consellos Reguladores das DO de case un 50% con 485.000 euros menos, e recortes de transferencias ao Ingacal de case 700.000 euros menos que sustentan as produccións de calidade e dos nosos viños.

Verdes dixo que o compromiso de Feijoo coa promoción dos nosos viños “foi nula”, xa que asevera que “non fai mais que recortar o programa de mellora da calidade agroalimentaria en mais de 5,2 millóns de euros o que supón un tercio menos dos recursos”, espetou.

A maiores preguntou onde está o mosto das uvas das viñas que superaban os rendementos, xa que replica que “comprárona a desprecio os amigos do PP”, e di que son “os mesmos que impediron que se chegaran a homologar os contratos que tiñan xa negociadas as cooperativas no Ribeiro, e esta situación está a condicionar os acordos de precios que en base a sinatura de contratos homologados impulsamos dende o anterior goberno”.

Ademais reclamou revisar os censos e actualizar os rexistros para evitar o fraude “co que permiten a especulación cos precios da uva rachando os acordos asinados nos contratos”. E envioulle unha mensaxe ao Goberno de Feijoo “deixen de vivir no Pais das Marabillas”, xa que asegura que o PP non fixo nada polo sector vitivinícola de Galicia.

Iniciativa retirada do PSdeG-PSOE

Na citada comisión a portavoz de Medio Rural Sonia Verdes cualificou de “intolerable a utilización que fai a Presidencia desta comisión limitando o debate dos grupos da oposición”. Xa que denuncia que foi retirada unha pregunta do PSdeG-PSOE (72317) sobre a titularidade compartida das explotacións agrarias. Dixo “coartásenos o debate nesta comisión intencionadamente porque en plena campaña electoral non lles interesa debater sobre o que realmente preocupa aos galegos/as”. Ademais sinala que nas previsións da Xunta de hoxe non figura ningún acto do Director xeral de Producción Agropecuaria, que era o cargo que tiña que vir a dar resposta a este asunto, e que ademais podería respostar calquera outro membro do Goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar