Os socialistas din que a inacción de Feijoo “esta a piques de provocar a desaparición de ALCOA”

Os socialistas din que a inacción de Feijoo “esta a piques de provocar  a desaparición de ALCOA”

Os socialistas din que a inacción de Feijoo “esta a piques de provocar a desaparición de ALCOA”

Os socialistas aseguran que a inacción do Goberno de Núñez Feijoo, xunto coas decisións erróneas do Ministerio de Industria, están a piques de provocar a posible desaparición das factorías Alcoa, e nomeadamente a empresa de San Cibrao. Lembran que esta empresa radicada na Mariña de Lugo “é un motor vital de desenvolvemento económico para a Comarca”, xunto coa factoría da Coruña.

O deputado socialista e portavoz de Economía e Industria Jose Luis Méndez Romeu, xunto a cabeza de lista por Lugo, Concepción Burgo, Jose Ramon Val (candidato pola Mariña de Lugo), Lara Méndez (Vicepresidenta da Deputación de Lugo) e Ismael Rego participaron na manifestación convocada en Santiago polo Comité de empresa das plantas de Alcoa de España, co fin de reclamar unha solución de viabilidade para a mesma.

Méndez Romeu denuncia que dende a chegada de Rajoy ao Goberno de España a política enerxética do pais esta en “declive”. Advertiu que o Goberno de España suprimiu as primas ao concurso eólico “co aplauso de Feijoo” e consecuentemente “paralizando a todo un sector”.

Asevera que non adoptou ningunha decisión sobre as necesidades de Alcoa “reiteradamente expostas”, e que se reducen a unha “aprobar unha tarifa singular” co fin de permitir unha viabilidade para a factoría.

Así as cousas afirma que o Goberno do PP “segue cruzado de brazos”, e lembrou que o Ministro de Industria, Jose Manuel Soria, “fuxiu dese compromiso fai 2 días, xa que anunciou que so se mantería o servizo de interrumpibilidade que xa existía”, unha medida que non da “solucións” aos problemas de Alcoa.

Acusa ao Goberno de Núñez Feijoo “ de non realizar nin unha soa xestión eficaz diante do Goberno de Rajoy”. Dixo que o Presidente da Xunta “permanece como espectador”, ante esta situación.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar